O ‘Día das Letras Galegas’: un día para reclamar “Liberdade, Igualdade e Xustiza” para a lingua

A plataforma ‘Queremos Galego’ organiza manifestacións en distintos puntos do territorio para visibilizar a situación na que se atopa a lingua.


|

A plataforma ‘Queremos Galego’ organiza manifestacións en distintos puntos do territorio para visibilizar a situación na que se atopa a lingua.


Queremos Galego


O próximo 17 de maio as rúas de media Galicia encheranse non só para homenaxear a Antonio Fraguas, senón para reivindicar a lingua do país no ‘Día das Letras Galegas’. A plataforma ‘Queremos Galego’, composta por máis de 700 entidades, prepara unha ducia de mobilizacións en distintos puntos do territorio para esixir “liberdade, igualdade e xustiza para o galego”.


Baixo o lema ‘Máis que nunca, Queremos Galego’, o colectivo pretende reivindicar “a importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionarias ou a formación do funcionariado segue tendo para a defensa da lingua en todas as comarcas e concellos”, explica o comunicado.


A situación da lingua é crítica, pero a situación pode mellorar”, advirte o manifesto para o próximo 17 de maio. A manifesto denuncia que “o 22,7% dos mozos de entre 4 e 1 5 anos non sabe falar galego”, ademais de sinalar as trabas “tamén legais” e amparadas polo goberno galego que impiden “empregar a lingua con normalidade”.


Sen lingua non hai desenvolvemento social e económico, non hai liberdade posible, non hai igualdade, non hai xustiza”, denunciou o portavoz de Queremos Galego, sentenciando que sen todo iso “non hai democracia”.


MOBILIZACIóns

As protestas terán lugar a partir das 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela, na Praza de Galicia da Coruña, na Praza Maior de Lugo, na Praza do Ferro de Ourense, na Praza da Peregrina de Pontevedra, no cruzamento da Vía Norte con Rúa Urzáiz de Vigo, na Vella de Ferrol, na Praza do Concello de Carballo, na Praza da Mariña de Burela, na Praza de España de Monforte, na Praza do Mercado de A Estrada e na Praza da Igrexa de Lalín.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE