Hai persoas que deixan a política por “motivos” persoais- son poucos- e outros, porque os seus propios partidos quitoullos de encima por díscolos ou por levar demasiados anos nos seus cargos.
Prensa Ibérica, que en Galicia edita Faro de Vigo e a Opinión da Coruña, saíuse coa súa. A venda do Grupo Zeta xa está case pechada e Javier Moll compraraa por 10 millóns de euros, segundo adiantou elnacional.cat. A operación pechouse tras ceder a unha quita do 70% da débeda que ten o grupo de Antonio Asensio, según explicoulle Enric Hernández, director do Xornal, ao seu persoal. Pois, Hernández, é un dos activos máis interesados nesta operación de compra-venda.
Como cidadán preocúpanme tipos coma Jaume Roures, que desde a sombra do poder propicia pactos políticos incribles mentres que na sala contigua negocia cos islamitas que financian compras imposibles.