O grupo de Faro e A Opinión a un paso de comprar Zeta
Prensa Ibérica, que en Galicia edita Faro de Vigo e a Opinión da Coruña, saíuse coa súa. A venda do Grupo Zeta xa está case pechada e Javier Moll compraraa por 10 millóns de euros, segundo adiantou elnacional.cat. A operación pechouse tras ceder a unha quita do 70% da débeda que ten o grupo de Antonio Asensio, según explicoulle Enric Hernández, director do Xornal, ao seu persoal. Pois, Hernández, é un dos activos máis interesados nesta operación de compra-venda.

As negociacións foron longas, posto que o Grupo Zeta débelle diñeiro a CaixaBank, Santander ou o BBVA e os bancos mostrábanse reticentes á operación, da que o gran derrotado foi Jaume Roures e o vencedor, Javier Moll.
A Mediapro de Roures ofreceu a oferta máis ampla para Zeta, unha compra de 40 millóns de euros. Pero dise que o empresario catalán recibiu presións para non facelo e déixolle a porta aberta a Prensa Ibérica, que agora será o responsable da edición do Xornal de Catalunya e o Sport.
Escribe o teu comentario