Unha nova voz súmase ao mundo da intelixencia artificial e esta vez faio en galego. O Proxecto Nós dará pronto unha paso clave coa presentación da súa primeira voz artificial en galego, desenvolvida co apoio de SDG Group e outras entidades públicas e académicas. A presentación será esta semana.
Celia é gratis, fala por Whattsapp, anímanos a socializar e no futuro podería ser capaz de detectar os primeiros síntomas de enfermidades como a demencia. Ten unha tara, iso si, por agora só fala castelán. Desde a UVigo explican que pronto falará galego e aseguran que case todos os que o probaron seguiron utilizándoo. Probámolo e, efectivamente, é capaz de darnos consellos prácticos para superar a soidade non desexada, unha das grandes lacras da vella sociedade galega.