Illas Cíes

Greenpeace mergulla as Cíes para advertir da subida do nivel do mar e as súas consecuencias
Activistas de Greenpeace acudiron este sábado á Praia de Rodas, nas Illas Cíes, para promover unha campaña coa que simulou os efectos da subida do nivel do mar que provocará o cambio climático. Ademais, pediu que nas eleccións galegas deste domingo os cidadáns "voten en consecuencia".
Falece un turista irlandés visitando as Illas Cíes
Un turista irlandés de 59 anos nado en Alemaña faleceu tras un sufrir un infarto durante unha visita realizada ás Illas Cíes xunto á súa esposa, coa que se hospedaba nun establecemento de Vigo.
Voluntarios retiran máis dunha tonelada de plantas invasoras nas Cíes e Ons
Máis de 30 estudantes universitarios da rama de ciencias ambientais da Universidade de Vigo e alumnos de Formación Profesional de Pontevedra e Mondoñedo (Lugo) participaron esta semana nunha campaña promovida polo Parque Nacional das Illas Atlánticas co fin de controlar a expansión da margarida africana polo arquipélago, polo que retiraron en total ata 1.400 quilos desta especie invasora.
A Xunta mantén as restricións ás Cíes a pesar da presión das navieras

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, defende a limitación das visitas ao Parque Nacional Illas Atlánticas recollida no plan reitor a pesar das críticas de empresas do sector turístico, que aseguran que non favorece á desestacionalización das mesmas.

A Illa de Ons recibe o dobre de visitantes diarios dos recomendados

Verdegaia denuncia que Ons converteuse en destino alternativo para os visitantes que non poden acceder ás Illas Cíes 

Actividades e charlas sobre astronomía desde as Illas Atlánticas

O Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas ofrece desde este mércores, e durante todo o mes de agosto, actividades e charlas divulgativas gratuítas para achegar aos seus visitantes sobre o mundo da astronomía

A Xunta activa o novo sistema de acceso ás Illas Cíes para visitas en Semana Santa

Haberá controladores entre o 19 de marzo e o 2 de abril para evitar que embarquen visitantes sen permiso, tras a polémica do verán pasado

Que pasa coas prazas para visitar as Illas Cíes?

Malas noticias para os que queren visitar as Cíes en Semana Santa. Adiamento do sorteo que ía determinar que navieras podían levar pasaxeiros ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. O novo sistema estréase con atraso, despois da gran polémica deste verán debido ás sancións impostas por exceso de cota.

A Xunta prensenta a candidatura de Cíes á Unesco como a de "todos os galegos"

O conselleiro de Cultura destaca que é froito de "un traballo conxunto ao máximo nivel".

Vigo aproba reclamar á Xunta "a xestión e competencias sobre as illas Cíes"

Acusan o Executivo de Feijóo de non ser rigorosos no arquipélago e alertan do dano polo conflito coas navieiras.

Necesítanse case 100 barcos para recoller o lixo que se acumulou nas Cíes este ano

A previsión de viaxes para recoller residuos no arquipélago aumenta en case un 20% respecto de 2016.

Unha faísca provocou un conato de incendio nas Illas Cíes

Crese que puido iniciarse durante uns traballos de roza. Quedou extinguido en dúas horas pero necesitou medios aéreos.

Pasaxeiros obrigados a volver a Vigo sen pisar as Cíes pola masificación

O Parque Nacional xa denunciou o luns pasado as navieiras que levaron ao arquipélago máis persoas das permitidas.

Evacuan das Cíes a un neno con febre e a un adulto que sufriu un síncope

O menor puido esperar a ser trasladado no barco de liña regular, pero ao home tívoo que ir buscar Salvamento Marítimo.

Expulsan de Cíes dúas veces en cinco días a un mozo anormalmente violento

O sábado unha traballadora denunciouno por acoso sexual e este mércores tomouna cun establecemento da illa.

Morre afogado un home nunha praia de Cabanas

Un home duns 60 anos faleceu afogado este domingo pola tarde na praia da Magdalena, en Cabanas (A Coruña).


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE