E os dereitos non se negocian: garántense. Que o 22 de febreiro non sexa só un recordatorio do que falta por facer, senón o momento en que asumamos, dunha vez por todas, que a igualdade salarial é unha tarefa urxente.
As mulleres galegas seguen sendo o colectivo laboral feminino cunha das maiores brechas salariais de España. En Galicia a diferenza salarial entre homes e mulleres alcanza os 4.687 euros anuais no salario medio, o que significa que as mulleres cobran un 22,49% menos que os homes