Hepatite C

Os directivos do Sergas imputados pola morte de pacientes con Hepatites C quedan libres de cargos
O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela decretou o sobresemento provisional da causa e arquivo das actuacións respecto a os cargos do Sergas (Félix Rubial e Carolina González-Criado) investigados como presuntos responsables de delitos de homicidio por imprudencia grave profesional e prevaricación por supostamente non facilitar o tratamento a pacientes de hepatites C.
É xusto ascender ao cargo imputado por homicidio imprudente por atrasar tratamentos de hepatite?

O PPdeG desfaise en aplausos cara á figura de González-Criado, que pasa a ser subdirectora xeral no Ministerio de Sanidade. "Unha afronta" para a asociación de vícitmas e unha "provocación" para En Marea, que leva ao caso ao Congreso, onde Cidadáns pode ter a última palabra.

​O xuíz chama a declarar a máis testemuñas no caso da hepatite C

Trátase de familiares de falecidos, dous médicos e dous pacientes que non faleceron pero que denunciaron "dilacións inxustificadas" no seu tratamento.

Médicos do Clínico aseguran que houbo atrasos en tratamentos de hepatite C a pacientes graves

Atribúen estas "trabas" e criterios "arbitrarios" polo "alto impacto económico" dos tratamentos.

O xuíz chama a outras 30 testemuñas polos "atrasos" nos tratamentos de hepatite C

Están citados para este mércores e xoves máis cargos do Sergas e varios médicos.

O xuíz pide ao Sergas que identifique outros cargos vinculados cos tratamentos da hepatite C

Cando teña os seus nomes, chamará a declarar como testemuñas os membros da subcomisión de tratamento e os responsables das compras de fármacos.

Declaran ante o xuíz os altos cargos do Sergas no caso da Hepatite C

A investigación trata de aclarar se houbo un atraso ilícito na avaliación de pacientes, necesaria para que puidesen recibir os tratamentos.

O tratamento da hepatite C chegará este ano aos pacientes leves

Almuíña mantense na súa defensa dos dous altos cargos do Sergas que están a ser investigados por suposto homicidio imprudente.

Os dous altos cargos do Sergas terán que declarar por homicidio imprudente no caso da Hepatite C

A causa trata de dirimir se retrasaron a administración dos fármacos "por razóns orzamentarias". Xa estaban investigados por presunta prevaricación.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE