Galicia
Ricardo Domínguez substitúe a Belén Gualda á fronte de Navantia
O consello de administración da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) nomeou conselleiro de Navantia a Ricardo Domínguez e propuxo ao consello de administración da devandita compañía a súa designación como novo presidente en substitución de Belén Gualda.
A investigación polo 'Caso Fuenlabrada' "abandona Galicia" e pasa a mans dun xulgado madrileño
O Xulgado de Instrución número 6 da Coruña entende que a investigación sobre o desprazamento realizado en xullo do ano pasado polo Club de Fútbol Fuenlabrada á Coruña para disputar un partido de LaLiga ha de centrarse "nas circunstancias que rodearon a decisión última de permitir a expedición" tras dar positivo en coronavirus o médico, o fisioterapeuta e o analista de vídeo do club.
Cultura democrática e altura de miras
Claro que malamente se pode pedir a un goberno e a un partido político que se gañe a confianza dos axentes sociais e da cidadanía no presente e no futuro do país cando eles mesmos non parece tela.
Pillan a un rioxano en Poio cun xustificante falso dunha empresa de "Sanxenso"
A Policía Local de Poio (Pontevedra) detectou o pasado martes a unha persoa procedente de Logroño, na Rioxa, que se desprazou ao municipio para supostamente asistir a unha peritaxe nunha empresa náutica de Sanxenxo. Con todo, os axentes que o interceptaron comprobaron como o xustificante de desprazamento, que resultou ser falso, levaba mal escrito o nome do municipio: 'Sanxenso'.