O SERGAS busca aos máis de 200 asistentes á festa do Mariña Cíes Beach Club de Samil tras un brote

O Sergas solicitou colaboración cidadá para localizar ás persoas que estiveron nun restaurante e local de copas do paseo de Samil, Mariña Cíes, en Vigo, o pasado 27 de marzo, tras detectarse un brote de COVID-19 que, polo momento, xa afecta a 8 persoas.

|

Na festa, na que había ao redor de 200 persoas, había un disc jockey e a Policía Local de Vigo interveu para presentar denuncias por vulnerar a normativa.


A xerencia do local nega que se superase o aforo permitido nin que houbese unha festa no interior, pero o SERGAS pide a colaboración cidadá para atopar aos asistentes ao local despois de detectar oito casos positivos.


Mariña cu00edes samil


Exteriores do local denunciado | Foto: Google Maps 


O Sergas solicitou colaboración cidadá para localizar ás persoas que estiveron nun restaurante e local de copas do paseo de Samil, Mariña Cíes, en Vigo, o pasado 27 de marzo, tras detectarse un brote de COVID-19 que, polo momento, xa afecta a 8 persoas.


Así, Sanidade fixo un chamamento ás persoas que estiveron no local esa tarde, despois de que se detectou un caso positivo de coronavirus. Os primeiros rastreos confirmaron outros sete contagios máis.


O Sergas pediu aos clientes que estiveron no establecemento que se poñan en contacto nos números de teléfono 986885910, 986885825 ó 986885823, para que se sometan a unha proba diagnóstica.


O xerente do local, Odilo Rodríguez, puntualizou, en declaracións a Europa Press, que esa tarde "non se estaba celebrando ningunha festa", senón que a xente estaba a gozar das súas consumicións e da música desde as mesas, "con máscara" e cumprindo a normativa sanitaria. De feito, precisou, o aforo COVID da terraza superior do local é de 219 persoas, e a afluencia non chegou aos 200 clientes (162, segundo sinalou).


Rodríguez si recoñeceu que a Policía Local acudiu ao establecemento e que "unicamente" tramitou unha multa contra unha persoa, ademais de ordenar que cesase a música por non ter permiso para iso o local. En todo caso, sinalou que Mariña Cíes ten rexistro das reservas e apuntou que o Sergas non se puxo en contacto con el para solicitarlle esa información.


Finalmente, tras insistir en que o local e os clientes estaban a cumprir rigorosamente as normas antiCOVID, trasladou a súa sospeita de que os contagios puideron producirse fose do local, nalgún encontro ou reunión no que se xuntaron varias das persoas que previamente estiveran no establecemento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE