A cobertura médica converteuse nun problema para a Garda Civil no rural galego, denuncia AUGC

Desde a Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) denuncian o “desamparo”que sofren os axentes en Galicia, especialmente aqueles que operan en zonas rurais.


|

Desde a Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) denuncian o “desamparo”que sofren os axentes en Galicia, especialmente aqueles que operan en zonas rurais.


O motivo do abandono que sofre o colectivo é a negativa para prorrogar o convenio de colaboración de asistencia sanitaria básica que ofrece o Instituto Social das Forzas Armadas (ISFAS).


Garda civil

Gardas Civís | Foto: EP


O acordo, alcanzado coas compañías ADESLAS e ASISA, daba asistencia médica aos axentes. A día de hoxe, ese convenio rural de asistencia médica está “sen asinar” e os seus afiliados “non poden recibir a asistencia concertada en localidades de menos de 20.000 habitantes”, denuncia AUGC. Un rural que, ante os moitos recortes que sufriu o corpo, “deixou de ser atractivo para os axentes”.


Segundo a asociación, o ISFAS “ten concertos subscritos con entidades privadas, polo que estas obríganse a prestar asistencia en todo o territorio nacional”. Con todo, en Galicia, onde a presenza dos medios privados no rural “escasean ou non existen”, os axentes senten vulnerados os seus dereitos.


“Por ese motivo os Concertos prevén unha habilitación expresa para a subscrición de Convenios de Colaboración cos Servizos Públicos de Saúde, neste caso co SERGAS para non deixar sen asistencia aos mutualistas, pero parece ser que este ano non se prorrogou o Convenio que finalizou o pasado ano 2020, é dicir, a día de hoxe non se renovou o citado Convenio”, relatan os afectados, a pesar de que na web de ADESLAS si figura o convenio como un acordo en vigor.


Así, multiplicáronse as denuncias dos afiliados polos problemas de xestión das asistencias urxentes aos servizos sanitarios do SERGAS, especialmente en festivos e fins de semana. “A sorpresa caeu como un xerro de auga fría en varios axentes afiliados que se atoparon con interrogatorio de datos de facturación ao asistir a urxencias do SERGAS xa que o persoal administrativo informaba que non existía convenio asinado e que se non se fai cargo a entidade privada a factura de asistencia abonaríaa o paciente”, comentan.


“Agora cada axente que acuda a urxencias deberá, nalgúns casos, comunicar/solicitar mediante chamada teléfono antes de ir e unha vez que foron asistidos remitir o parte de asistencia médica a unha dirección de email ou a un numero de WhatsApp , un parte que contén datos médicos que están especialmente protexidos”, remarcan desde a asociación, que anuncia que esixirá explicacións ás autoridades competentes para coñecer "os pormenores do proceso de tramitación e tratamento dos expedientes médicos dos nosos afiliados”.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE