Galicia

​Campaña para que Tyron Lannister e Daenerys falen galego

A Mesa pola Normalización Lingüística puxo en marcha, xunto outros colectivos, unha campaña para pedir á Xunta de Galicia que invista para que plataformas como Movistar+ oferten os seus contidos con series dobradas e subtituladas en galego. 

​Rajoy escolle Santiago de Compostela para a presentación das súas memorias

O libro será presentado o vindeiro luns 9 de decembro no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela e contará coa presenza do presidente da Xunta.

O Colexio de Veterinarios de Lugo tamén denunciará ao cazador que matou á súa cadela a balazos en Chantada
O colexio oficial de veterinarios de Lugo interpoñerá "denuncia/querela" contra o responsable dos actos de malos tratos infrinxidos en Soilán do Monte, en Chantada, contra unha cadela moribunda.
Os estudantes galegos sitúanse á cabeza do Estado en ciencias, segundo o informe PISA

Galicia, líder en ciencias. O Informe PISA 2018, que publica este martes a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), constatou unha mellora dos resultados alcanzados polos estudantes galegos, que se sitúan á cabeza de España en competencia científica e que escalan posicións en matemáticas.



O frío instálase en Galicia co termómetro marcando -5,1ºC na Mezquita
Os termómetros rexistraron este martes en Galicia temperaturas baixo cero en numerosas localidades das provincias de Ourense e Lugo. A mínima correspondeu ao municipio ourensán da Mezquita, con -5,1ºC.
O mar botará a Ence da Ría de Pontevedra se seguimos contaminando igual

A celulosa quedará a mercé do mar nas próximas décadas, de acordo aos mapas do novo estudo publicado pola prestixiosa Nature, onde os científicos estiman que a subida do nivel do mar no próximas tres décadas desprazará a 300 millóns de persoas que residen en zonas costeiras. De seguir contaminando ao mesmo ritmo, o quecemento global fará subir o mar en toda a costa galega, tamén en Vigo, Coruña, O Grove, O Barbanza ou Ferrol. O fondo da Ría de Pontevedra sufriría un cambio drástico con río Lérez que pasaría a gobernar de novo na cidade.

Santi Mina e David Goldar, investigados por presuntamente agredir sexualmente a unha moza en 2017
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Beira (Almería) acordou continuar o procedemento penal aberto en xuño de 2017 contra os xogadores de fútbol galegos Santi Mina e David Goldar, a quen se acusa indiciariamente de agredir sexualmente a unha moza en Mojácar.
'O que arde' incendia os Goya con catro candidaturas, entre elas mellor película e mellor director

Benedicta Sánchez competirá na categoría de actriz revelación e Mauro Herce na de fotografía.

​O Eixo Atlántico propón unha solución "transfronteiriza" para evitar o peche do paritorio de Verín

Mentres traballadores e afectados iniciaron un peche no complexo hospitalario verinés como medida de presión contra o SERGAS, desde o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular súmanse á ristra de organizacións e movementos que trasladaron o seu apoio ás denuncias dos veciños de Verín e arredores á vez que propón unha solución ao peche do servizo no Hospital de Verín que vai máis aló da fronteira española.

(VÍDEO) Apaliza, dispara e arrastra á súa cadela: "Son cazador e disparo a quen me sae dos collóns"


Un usuario que presenciou a agresión ao animal baixouse do vehiculo no que se atopaba para filmar como o propietario do can arrastra ao can pola rúa, ferido despois dunha brutal malleira e de recibir dous disparos que lle esnaquizaron as pernas. A asociación animalista ‘Libera!’ denunciouno nas súas redes sociais.

Rego: Se o PSOE quere o voto do BNG, Galicia debe xestionar emerxencias como o Prestige ou o Blue Star
As conversacións entre Bloque e PSOE avanzan. Os nacionalistas galegos saben do necesrio do seu apoio e fan énfase en dous puntos. Primeiro, Sánchez ten que escoller entre unha alianza de esquerda ou andar apoiándose no PP, como fixo no Decreto contra a República Dixital. Segundo, é imprescindible unha axenda galega que inclúa a transferencia de Salvamento Marítimo e unha saída para os traballadores de Endesa As Pontes
Verín e a súa comarca son unha soa voz: "Feijóo, escoita, o rural está en loita; esta batalla imos gañar"

Miles de veciños da comarca de Verín (Ourense) e dos arredores mobilizáronse este sábado contra o peche do paritorio no Hospital de Verín e a supresión do servizo pediátrico no que consideran uns "malos tratos sanitarios do rural".


A Carabela Portuguesa aprópiase das praias do Grove
Un bañista alerta da presenza de exemplares similares na praia da Fontiña de Vigo
Activado o aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou o aviso laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir da medianoite deste sábado.
O xurado popular declara a Enrique Abuín culpable dun delito de agresión sexual, asasinato e detención ilegal

O xurado popular ha declarado a Enrique Abuín, alias 'O Chicle', culpable dun delito de agresión sexual e do asasinato con aleivosía de Diana Quer, cuxa desaparición foi denunciada o 22 de agosto de 2016 durante as festas da Pobra e cuxo cadáver foi localizado, case 500 días despois, no interior dun pozo situado nunha nave abandonada de Asados, en Rianxo. 

Desvalixan ás xogadoras BAXI Ferrol mentres adestraban no pavillón da Malata
As xogadoras do BAXI Ferrol denunciaron un roubo no vestiario do pavillón da Malata rexistrado o venres mentres realizaban a última sesión preparatoria previa ao partido ante o Pozuelo.
Preparando a selectividade? Estes son os cambios para os estudantes para 2020
A convocatoria da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU), anteriormente coñecida como selectividade, experimentará diversos cambios organizativos de fronte ao ano que vén.
​Denuncias públicas e xudiciais contra a Consellería de Educación por suposta manipulación de 46 contratos postdoutorais

Investigadores galegos, "todos eles doutores e a maioría cum laude", que veñen de participar nun proceso de concurso da Xunta que ofertaba 46 prazas para investigación en universidades e centros de investigación da comunidade, denuncian que desde a administración galega realizaron dita convocatoria "sen ningunha garantía, transparencia e violando tanto cláusulas da propia convocatoria como a reserva de prazas para discapacitados".

​"Pechar o paritorio do Hospital de Verín é un atentado contra os dereitos das mulleres"

"A supresión de partos en Verín é discriminación postiva para o medio rural", argumentou o xerente do SERGAS de Ourense, Félix Rubial, tras a polémica decisión de pechar o paritorio do Hospital de Verín. Non o entende así Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde quen, en declaracións a Galiciapress, táchao de "atentado contra os dereitos das mulleres". O edil chama á cidadanía para participar na manifestación convocada para o sábado 30 de novembro ás 17 horas na fachada do complexo hospitalario.

A Mesa aplaude ao deputado do PP asturiano Álvaro Queipo por usar o galego-asturiano ante a Xunta Xeral
A asociación galega A Mesa pola Normalización Lingüística felicitou este xoves ao deputado 'popular' asturiano Álvaro Queipo, natural de Castropol, por usar o galego-asturiano no pleno da Xunta Xeral.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE