Alerta alimentaria: un turrón brando de améndoa vendido en Galicia pode ser perigoso para intolerantes á lactosa

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) activou unha alerta de alérgenos pola presenza de leite non declarado na etiquetaxe dun turrón brando de améndoa procedente de Cataluña e comercializado en Galicia, entre outras comunidades.

|

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan) activou unha alerta de alérgenos pola presenza de leite non declarado na etiquetaxe dun turrón brando de améndoa procedente de Cataluña e comercializado en Galicia, entre outras comunidades.


Turrón brando de améndoa polo que se activou unha alerta alimentaria en varias comunidades, entre elas está Galicia

En concreto, trátase dun turrón da compañía Vicens, que contén leite non declarado nas unidades de 500 gramos, con data de consumo preferente: 02/2021 e número de lote: 329-X.

A presenza deste alérgeno podería afectar aos intolerantes ou alérxicos ao leite, polo que Aesan recomenda que este tipo de persoas non consuman o produto.

Para o resto de consumidores, a institución destacou que o turrón non comporta ningún tipo de perigo e o seu consumo é apto. O problema foi detectado pola propia compañía nun dos seus controis, polo que desde que tivo coñecemento activou o seu procedemento de xestión de alertas e avisou aos seus clientes.

Pola súa banda, a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición tivo coñecemento a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI), dunha notificación de alerta trasladada polas Autoridades Sanitarias de Cataluña, relativa á presenza de leite non mencionado na etiquetaxe deste turrón.

O produto afectado foi fabricado en Cataluña e foi distribuído en Galicia, Castela a Mancha, Comunidade Valenciana, Andalucía, Asturias, País Vasco, Castela e León, Illas Baleares, Cantabria, Canarias, A Rioxa, Comunidad de Madrid, Cataluña, Murcia, Navarra, Aragón, Francia e Andorra.

As autoridades competentes de cada comunidade xa foron avisadas e tamén os Servizos da Comisión a través do RASFF (Rede de Alerta Alimentaria europea).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE