Vento a máis de 180 km/h e ondas do tamaño dun edificio de tres plantas

|

O temporal 'Fabien', que afectou a Galicia ao longo deste sábado, deixou refachos de vento que superan os 140 quilómetros por hora en varias localidades galegas e mostrou a súa maior intensidade na localidade lucense de Viveiro, onde os refachos alcanzaron os 183,6 quilómetros por hora.


Vento e ondada en Valdoviño

Así o poñen de manifesto os datos recolleitos polos sensores de Meteogalicia, que dan testemuño de ventos que excederon os 176 quilómetros por hora en Cabeza de Manzaneda (Ourense) ou os 166 quilómetros por hora en Punta Candieira, en Cedeira (A Coruña).

Por provincias, Lugo rexistrou algúns dos valores máis elevados, ademais dos 183 de Viveiro, as estacións meteorolóxicas han medida ventos de 155 quilómetros por hora na montaña dos Ancares, en Cervantes, ou por encima dos 130 na Pontenova e Burela.

No caso da provincia da Coruña, ademais dos 166 quilómetros por hora de Punta Candieira, os refachos superaron os 145 quilómetros por hora en Ortigueira e alcanzaron os 135 en Malpica. Na estación de A Gándara, en Vimianzo, medíronse tamén ventos de 145 quilómetros por hora.

Do mesmo xeito, no municipio pontevedrés de As Neves, os refachos rozaron os 144 quilómetros por hora, mentres que en Oia superaron os 129. No caso da provincia de Ourense, ademais dos valores de Manzaneda, o vento sopra forte en lugares como Muíños (126 quilómetros por hora) e A Veiga (133).

ONDADA
En canto á ondada, as boias de Portos do Estado reflicten a virulencia do temporal marítimo, que mantén activada a alerta vermella.

En concreto, a boia de Cabo Vilán-Illas Sisargas rexistra a última hora deste sábado oleas de case 9 metros e medio, mentres que a de Estaca de Bares reflicte ondada de 8,68 metros de altura.

Pola súa banda, a boia de Cabo Silleiro, na costa de Pontevedra, rexistrou ondas de case 8 metros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress