Galicia

Concerto de Alejandro Sanz na Coruña en xullo de 2026, coas entradas á venda moi pronto

O mañagueño fará parada na cidade herculina o 18 de xullo coa súa xira 'E Agora Que?'.

O Celta de Vigo relamese cos millóns que lle poden chegar por sopresa desde Italia

O club celtiña cedeu a Unai Núñez ao Hellas Verona ao non atoparlle acomodo en Bilbao e agora podería supor unha gran venda. 

O cuspe fai millonario a un ourensán: a saliva do seu avó, clave para reclamar unha herdanza millonaria

As probas de ADN, recollidas do cuspe no chan, demostran o parentesco entre avó e neto, que agora poderá reclamar a herdanza do seu pai morto en 2011.

(VÍDEOS) Coñecemos a Tinho, o sorriso galego de OT 2025 e o máis rockeiro na academia de Operación Triunfo

O coruñés é un dos 16 mozos seleccionados na nova edición de OT que arrincou este luns.

O'MEGA e SIMEGA denuncian a desigualdade laboral existente no SERGAS, con máis horas e menos festivos

Os sindicatos O’MEGA e SIMEGA reclaman un convenio específico que equipare as condicións de médicos e facultativos coas do resto do persoal sanitario, denunciando o seu infrarrepresentación e a falta dunha xornada laboral definida.

PSdeG e Sumar piden a dimisión da "esperpéntica e insultante" alcaldesa de Carballeda de Valdeorras

A rexedora está a ser moi criticada pola súa intervención na reunión de alcaldes do pasado venres coa ministra e vicepresidenta Yolanda Díaz.

“Lugares Puntuais” sen asistencia sanitaria en Galicia

Salarios baixos, precariedade das prazas, realización de gardas abusivas, mala administración por parte do PP das prazas existentes, etc. Para demostrar que “NON son casos puntuais”, detallarei a continuación os lugares nos que no verán 2025, fixéronse mobilizacións. A Coruña: Centro de Saúde de Seixo-Marín: falta de médicos. A Comisión de Centro do CHUAC, denunciou que o SERGAS pecha este verán 230 camas.A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela fixo unha Rolda de prensa para denunciar o peche de 111 camas no CHUS e convocou unha concentración diante do Centro de Saúde Concepción Areal.Falta de persoal na PAC de Ponteceso. En Ribeira a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca da Barbanza realizou este xoves unha nova concentración.

O Barco despide o paso da Volta por Galicia nunha protesta sen altercados

Como ocorreu nas dúas estapas anteriores, manifestantes prol Palestina tiñeron a saída de branco, vermello, negro e verde.

Peche da base de Ryanair en Santiago: "Estamos así porque durante anos se lle permitiu campar á súa anchas"

Desde a Unión Sindical Obreira (USO) consideran que a decisión de Ryanair de pechar a súa base na capital galega responde a motivos arbitrarios, tendo en conta que a compostelá dabe benficios. De fondo, o pulso que mantén a empresa co Ministerio de Consumo e a súa intención de facer máis diñeiro noutros aeroportos, a pesar de deixar preto de cen damnificados en Santiago, para os que Ryanair planea un traslado forzoso a Alacante ou Málaga.

Incendios en Galicia baixo control, oito en Ourense e un de Lugo

Neste tempo, extinguíronse tres grandes lumes que arrasaron miles de hectáreas en Ourense.

A XXX Festa da Lamprea Seca en Arbo rompe todos os rexistros e consolídase no verán galego

A celebración, que cumpre tres décadas, é a antesala á LXVI Festa da Lamprea de Arbo que se celebrará en abril.

Galicia, o “dourado” das cervexas artesás

A cervexa artesá é unha forma de vida porque é unha aposta das súas elaboradores por ofrecer algo distinto. Queren mostrar como se pode facer algo saboroso, con corpo e selo persoal fronte ao produto de gran consumo, de distribución industrial. Galicia deu paso ás cervexas artesás despois de que outros produtos busquen tamén a autenticidade fronte á comercialización en cadea. Buscan elaborar produtos exclusivos para ofrecer novos sabores e recuperar outros que se perderon polo camiño

A islamofobia en Galicia non se manifesta, de momento

A comunidade musulmá en Galicia afronta os mesmos retos que noutros lugares da Península. A día de hoxe forman parte de todo o espectro laboral galego: mariñeiría, industria ou servizos. A segunda xeración está a obter títulos superiores ou traballando en sectores onde antes era rara a súa presenza. E non só hai musulmáns galegos de orixe migrante, tamén hai musulmáns galegos conversos

Cincocentos anos de pegadas galegas nas expedicións portuguesas ao Índico

As expedicións portuguesas dos séculos XIV e XV transformaron o comercio ao abrir novas rutas marítimas, expandiron o coñecemento xeográfico e sentaron as bases dunha nova orde mundial. Portugal lanzouse ao Atlántico impulsado por unha mestura de factores económicos, políticos e espirituais. Entre estes navegantes había mariños galegos que deixaron marca nas rutas á India
 

Alfredo García, alcalde do Barco durante un cuarto de século, dimite e delega o mando en Aurentino Alonso

"Chegou o momento", di o socialista de 72 anos, vicepresidente do Eixo Atlántico, despois dunha vida dedicada ao municipio ourensán.

Rueda é "o único presidente do mundo que renuncia á súa lingua", acusa A Mesa pola Normalización Lingüística

"A oficialidade da nosa lingua na UE tería incidencia directa na oferta de galego e na posibilidade e no dereito de uso en todos os ámbitos", insiste a organización.

Doce concellos galegos teñen mal o seu nome oficial, sinalan a Xunta e a RAG

"En total estudáronse 4.398 topónimos ditaminando a modificación da denominación de 14 concellos, 183 parroquias e 2.335 lugares”, sinalou López Campos

Carlos Lage (SUP Galicia): "Faltan policías e o Goberno tennos abandonados"

Carlos Lage, da comisaría de Ferrol, é o novo líder do Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Galicia, asumindo a dirección que deixa Roberto González despois dunha década á fronte. Lage atende a Galiciapress para pór sobre a mesa a necesidade de ser declarados profesión de risco, chave para ter unha mellor xubilación, dous aspectos que hoxe están lonxe pola ausencia de diálogo co Goberno central.

Máis de 60 entidades comprométense a constituír os grupos de traballo do proceso 'Lingua Vital'

A finais de 2025 constituiranse os grupos de traballo para analizar pormenorizadamente a situación da lingua.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE