Galicia

Só as áreas da Coruña e Lugo ven crecer os seus casos activos noutra xornada de desescalada

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que as áreas da comunidade galega seguen mellorando no seu conxunto, con Santiago de Compostela liderando os descensos esta xornada. Con todo, hoxe tamén hai sitio para os datos negativos, como o salto que experimentou a área de Lugo despois de dous días en descenso ou a tendencia aínda negativa da Coruña. 

​Cazadores furtivos “rebentan dun disparo de socato” e abandonan a un lobo de cinco meses en Cualedro

A organización ‘Proxecto Lobo’ denuncia a presenza de furtivos nos montes galegos, un problema o do furtivismo “especialmente flagrante” en Galicia segundo a plataforma.

Ourense abandona o nivel vermello de alerta xunto a Burela, Pontedeume e Cambados
Coristanco e Soutomaior volven ao risco máximo pola pandemia, no que están 5 cidades: A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Vigo
Rescatan aos cinco tripulantes dun pesqueiro que se afundiu ao oeste de Fisterra por unha vía de auga
Os cinco tripulantes dun pesqueiro foron rescatados sans e salvos tras rexistrar unha vía de auga a embarcación, que se afundiu a unhas 6,5 millas ao oeste de Fisterra (A Coruña).
A Policía Nacional actuou segundo a lei na detención de Alex Bergantiños, defende o Estado
O Goberno asegurou que a Policía Nacional actuou conforme ao disposto na Lei de Axuizamento Criminal en relación á detención do xogador do Real Club Deportivo da Coruña Álex Bergantiños o pasado mes de agosto.
A ribeirense que deu a luz en casa ao non ser ingresada no Barbanza interpón unha queixa contra a xinecóloga
Andrea Vila, á que lle fixeron a proba do covid tras dar a luz, afirma no seu escrito que a médico acumula queixas doutros pacientes
A xuíza bloque a fuga de obxectos valiosos de Meirás e ordena realizar un inventario aos Franco
Faio tras estimar as medidas cautelares do Estado, á vez que acepta a solicitude da Xunta de comparecer
A produción dos parques eólicos de Naturgy en Galicia en setembro equivalente ao consumo de 225.000 fogares
Os parques eólicos de Naturgy en Galicia produciron 780 gigavatios por hora (GWh) durante o primeiros nove meses de 2020, o equivalente ao consumo de 225.000 fogares.
(VÍDEO) Persecución policial a un xabaril na Coruña, o único que quebrantou o toque de queda

A auscencia de viandantes ou de tráfico na cidade herculina atrajó a este curioso xabaril ás rúas da Coruña.

A Xunta non altera o toque de queda e mantén as mesmas medidas de restrición polo menos as próximas semanas
Comesaña pide "esperar" para ver resultados das limitacións e Feijóo ve á automoción "exemplo" de como manter a actividade pese ao covid
Ourense e Vigo lideran unha xornada de descenso en case todas as áreas galegas; soben A Coruña e Pontevedra

Os datos do Servizo Galego de Saúde parecen demostrar que as restricións comezan a ter efecto sobre as cifras de casos activos no conxunto das áreas galegas. Esta xornada cinco das sete áreas sanitarias ofrecen cifras de descenso de casos activos, con só A Coruña e Pontevedra referindo un salto nos seus casos, aínda que en ambos os casos non é especialmente preocupante.



Tres detidos durante unha operación antidroga para desarticular dous puntos negros de venda en Lugo
Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a tres homes, dous de 25 anos con antecedentes e un de 20 sen estes, por senllos delitos de tráfico de drogas no marco de dous operativos debido aos que quedaron desmantelados dous puntos negros de venda de drogas na cidade.
Falece aos 110 anos en Cuntis a muller máis anciá de Galicia: Xosefina Villaverde

A pontevedresa era a muller máis lonxeva da comunidade. Ao longo da súa vida destacou por ser un personaxe moi activo dentro do Partido Socialista Obreiro Español. Hoxe, os socialistas galegos choran o falecemento de Xosefina, entre eles o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, que a define como unha muller "comprometida e de ideas socialistas".

Sae de alerta vermella a primeira cidade de Galicia, Santiago, e tamén Ordes, Noia, O Carballiño, Verín e Soutomaior
Ordes, Noia, O Carballiño, Verín e Soutomaior saen tamén do risco máximo, pero incorpórase Cee
OFICIAL: ​O Celta, unha máquina de triturar técnicos, cesa a Óscar García Junyent

A permanencia conquistada o pasado curso non foi suficiente logro para salvar a súa cabeza este ano, onde un mal comezo de curso levou á directiva do club para prescindir dos seus servizos."O club transmite o seu máis sincero agradecemento, tanto ao adestrador catalán como aos seus colaboradores, polo seu traballo, profesionalidade e esforzo demostrado durante a súa etapa no RC Celta, na que conseguiron certificar a permanencia nunha complicada tempada 2019/20", indica o Celta na súa web.  A etapa de García estivo marcado pola inestabilidade, tanto no xogo –provocado en gran medida polo baixo rendemento dalgúns xogadores chamados a liderar o club- como nos despachos e no vestiario, xa que foron moi soadas as súas rifas entre Felipe Miñambres, director deportivo, ou Hugo Mallo, excapitán do Celta por decisión do propio Óscar.

1.300 positivos nos colexios galegos, con 70 aulas pechadas e un centro cunha vintena de casos
Os contagios por COVID-19 nos centros, institutos e escolas infantís galegas alcanzaron os 1.302 casos. Unha situación que obriga a manter pechadas máis de 70 aulas nas instalacións educativas galegas e polo menos unha gardería na provincia de Lugo.
"A familia Franco" percorre as rúas da Coruña para reclamar a devolución da Casa de Cornide
A Xunta asegura que será "aliado" do Concello de Coruña para traballar na declaración BIC do inmoble
Hostaleiros e repartidores concéntranse na Coruña e Lugo para reclamar máis axudas ao sector
Ambas as protestas contan coa participación non só de empresarios, senón de camareiros, distribuidores e outros traballadores afectados
Atopan unha bomba da Guerra Civil aínda activa nun alpendre en Salceda de Caselas
Especialista do TEDAX do Servizo de Desactivación de Explosivos da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra recolleron e desactivaron unha granada de morteiro da Guerra Civil española, que foi atopada nun alpendre dunha vivenda en Salceda de Caselas (Pontevedra).
Inditex recorta os dereitos laborais das súas empregadas coa escusa do coronavirus, denuncia CIG
Delegadas da CIG e traballadoras nas tendas de Inditex mobilizáronse este venres diante de varios establecementos que o grupo ten na praza de Lugo da Coruña para denunciar "o recorte de dereitos laborais que a multinacional pretende impoñer a conta da emerxencia sanitaria".

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE