Rueda describe o turismo termal como un sector con "potencial" para asentar poboación no rural
Así o fixo durante unha reunión, que mantivo esta semana, co director xeral de Punta 25 Hotels Group
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o "potencial" do turismo termal para crear emprego e contribuír a fixar poboación nos concellos do rural galego.
Así o fixo durante unha reunión, que mantivo esta semana, co director xeral de Punta 25 Hotels Group, Agustín Pescador, e outros representantes da compañía que adquiriu o balneario de Baños de Molgas co obxectivo de reabrilo como establecemento de catro estrelas.
Na reunión destacouse a aposta da Xunta por asegurar a Galicia como potencia no sector termal, a través do Plan de Turismo Termal ao que se destinan máis de 10 millóns de euros até 2028.
O obxectivo deste plan, presentado a comezos deste ano, é sentar as bases para seguir modernizando, diversificando e fortalecendo un sector crave para o turismo e a economía galega.
O balneario de Baños de Molgas, inaugurado en 1873, é un establecemento emblemático para Galicia e conta cun valor engadido por estar situado en plena Vía da Prata do Camiño de Santiago.
Escribe o teu comentario