Só cinco positivos no cribado de Ribeira, ao que se presentaron máis de 3.200 persoas

|

Do mesmo xeito que ocorreu cos cribados de Xinzo de Limia e Ribadavia, o cribado de Ribeira arroxou menos dunha decena de positivos.


A localidade, en alerta vermella como a veciña Boiro, realizou un cribado aos veciños de entre 40 e 50 anos, ao que acudiron preto do 65% dos convocados. 


Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).



A área sanitaria de Santiago informou de que o cribado desenvolvido desde o pasado xoves ata o domingo 15 polo persoal de Enfermería do Servizo de Medicina Preventiva do Hospital do Barbanza detectou cinco casos positivos entre todas as persoas asintomáticas ás que se lles realizou a proba.


En cocnreto, devandito cribado contou cunha asistencia do 64,77 por cento dos citados.


Acudiron 3.239 dos 5.001 convocados, persoas de entre 40 e 50 anos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress