'Carballo Interplay' estrea 'Amnesia 3.0', a primeira webserie interactiva en galego

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay acolle o xoves, día 19, ás 22 horas, a estrea da primeira webserie interactiva en galego. Trátase, segundo informa, de Amnesia 3.0, proxecto gañador do premio á produción de proxecto convocado polo propio festival o ano pasado.

|

A primeira webserie interactiva en galego verá a luz este xoves 19 de novembro ás 22 horas.


A estrea do primeiro dos tres capítulos será online e supoñerá "un fito dentro da ficción dixital galega" segundo os organizadores do evento


Cartel da webserie Amnesia 3.0


O festival de contidos dixitais Carballo Interplay acolle o xoves, día 19, ás 22 horas, a estrea da primeira webserie interactiva en galego. Trátase, segundo informa, de Amnesia 3.0, proxecto gañador do premio á produción de proxecto convocado polo propio festival o ano pasado.


A estrea será a través da rede, cun coloquio posterior coas creadoras Irene Pin, Iria Iglesias e Natalia Porca. Desta proposta, explica que se trata dunha miniserie de tres capítulos, que conta coa colaboración de Monti Castiñeiras, Sabela Arán e Isabel Naveira.

Respecto a este evento, a organización subliña que "constitúe un fito dentro da ficción dixital galega" ao ofrecer a posibilidade de que o espectador se achegue á historia "por un ou outro itinerario que o mesmo poderá escoller".

En concreto, avanza que "nos momentos en que os personaxes se cruzan" o espectador poderá "seguir a un ou outro" e , segundo o que escolla, "verán intencións ou accións que se cadra perciben doutro xeito".

Trátase dunha serie escrita e dirixida por Irene Pin, producida por Natalia Porca e Cristela Torres. A interactividade está coordinada por Iria Iglesias, tamén autora da banda sonora orixinal. Xunto a ela, nos efectos especiais, está Rocío López, tamén a cargo da dirección de arte. A dirección de fotografía a firma Andry Milán.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE