Será necesario aprobar todo para ter o título de Bacharelato e só poderán suspender dous en ESO para pasar

Galicia publica as súas "normas propias" do 'decreto do aprobado xeral' para "non rebaixar o nivel"

|

Galicia anuncia as que serán as súas "normas propias" do 'decreto do aprobado xeral' para "non rebaixar o nivel" do ensino en Galicia, segundo o conselleiro Román Rodríguez. 


A Xunta vólvese desta forma contra o decreto do Goberno de España, de modo de que un estudante en Galicia deberá "ter as materias todas aprobadas" para promocionar e poder ter a titulación de ESO e Bacharelato


Román Rodríguez na súa visita ao CAFI de Lamas de Abade
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, presentou este martes as "normas propias" de Galicia de desenvolvemento do coñecido como 'decreto de aprobado xeral' coas que se busca "non rebaixar o nivel".

Deste xeito, coa resolución publicada este martes pola Xunta vólvese aos criterios anteriores que xa rexían en Galicia antes da incidencia da pandemia, de forma que para titularse en Bacharelato haberá que aprobar todo.

Sucede o mesmo de forma xeral na ESO, "salvo casos moi excepcionais" polos que se poderá obter o título con dúas materias suspensas se hai acordo do equipo docente --sempre que non sexan conxuntamente lingua e matemáticas--.

En declaracións aos medios en Santiago --nunha visita ao CAFI de Lamas de Abade--, o conselleiro cargou contra este decreto impulsado de forma "unilateral" polo Goberno central, xa que "rompe a igualdade de oportunidade" e "desprestixia en gran medida o traballo de docentes e familias".

Mentres no decreto establécese que "un alumno poida titular en ESO e en Bacharelato con independencia das materias suspensas", a Xunta fixa que, con carácter xeral, para promocionar e poder ter a titulación de ESO e Bacharelato hai que "ter as materias todas aprobadas", de forma que se busca "corrixir os efectos perversos" do texto.

E é que lamenta que a "desincentivación do estudo" é "moi prexudicial para unha sistema educativo como o galego", que se sitúa "en postos de referencia".

Deste xeito, a Xunta formulou unha queixa formal ante o Ministerio de Educación por este decreto que considera "antiequitativo" por restar a "motivación" do alumnado.


O DECRETO XA NON TEN SENTIDO

Aínda que Román Rodríguez aprecia que no último trimestre do curso pasado esta norma "podía ter sentido" por "unha situación de excepcionalidade" polo confinamento, agora "non pode valer para un momento como o actual" no que se aposta por un sistema presencial.

De tal forma, asegura que en Galicia van manter "" os criterios de avaliación e promoción de curso para "preservar a calidade e equidade". Ademais, haberá unha "recuperación progresiva" dos contidos didácticos que "quedaron frouxos" no último trimestre do curso pasado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE