A plataforma Galegas 8M, que organizou gran parte das mobilizacións dese día, dá a súa versión da polémica por un boicot a un concerto programado polo Concello de Ourense. O colectivo defende a protesta contra a actuación como parte dunha estratexia contra o "lavado de fronte" que cren están levado algunhas institucións subíndose á onda de protestas feministas cando, en realidade, recortan fondos para fomentar a igualdade.
Este 8 de marzo sairemos ás rúas amosando que o éxito do ano pasado non foi casualidade, senón continuidade. Que o movemento feminista leva décadas traballando por unha transformación social que é lenta, pero imparable, por moito que se cuestionen dereitos que hoxe desfrutamos todas.
Doe ter que dicir isto, pero que unha muller considérese máis muller que outra, segundo o partido político co que simpatiza ou segundo guste máis dunha corrente liberal ou conservadora, é querer abrir o máis básico dos debates machistas “a ver quen a ten máis grande”.
A exitosa manifestación feminista previa á folga deste venres deixa unha imaxe curiosa; militantes do PP e Cs secundando unha protesta cuxo manifesto final foi lido en parte por unha ex-reclusa condenada por militancia en Resistencia Galega.
Grupos de feministas galegas convocan para mañá, 15 de xaneiro, manifestacións en protesta do avance da ultradereita baixo o lema #niunpasoatrás. As activistas poñen o foco no pacto do PP con Vox en Andalucía, que entenden recorta os dereitos das mulleres.
O mércores a policía detivo a un home que degolou á súa muller no domicilio que compartían na Coruña