Os sindicatos FTSP-USO e UXT pograman unha serie de mobilizacións que arrincan este luns 22 de decembro ante o CHUAC para denunciar a indefensión dos vixiantes de seguridade ante a escalada de agresións contra o colectivo. Javier Souto, secretario de organización de FTSP-USO en Galicia, detalla a Galiciapress as reivindicacións dos sindicatos, que esixen á Xunta a homogeneización dos medios, criterios e protocolos cos que conta o colectivo nas áreas sanitarias galegas para unha maior seguridade dos traballadores, dos sanitarios, dos usuarios e, mesmo, dos propios agresores.
SEDEXPO prepárase para recibir a empresas, entidades públicas, sindicatos e curiosos a partir deste mércores 26 de marzo, cando comezará unha nova edición deste evento na Feira Internacional de Galicia en Silleda. Ricardo Durán, organizador e presidente da Fundación Semana Verde, atende a Galiciapress para falar das previsións de face a esta cita que se consolidou nos tres sectores como unha das máis importantes ante a gran cantidade de oportunidades que ofrece.