Urkullu (Euskadi), Torra (Cataluña), Feijóo (Galicia) e Moreno (Andalucía) son os únicos totalmenet contrarios a prorrogar a emerxencia. O presidente de Galicia aclara que a súa opinión non ten porque coincidir coa do PP.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a videoconferencia con Pedro Sánchez e o resto de líderes autonómicos.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou este domingo o seu rexeitamento para prolongar o estado de alarma actual, vixente ata o próximo día 9, e apostou por que a desescalada réxase por outras opcións da "lexislación ordinaria" como a Lei Xeral de Saúde Pública, da que suxeriu que se podería facer "algunha modificación" para regular a mobilidade das persoas.
Suxiren un maior aproveitamento de mecanismos e redes de cooperación como a CARUE ou a Comisión Xeral de CCAA no Senado
Os socialistas piden unha comisión parlamentaria. Pedro Sánchez cre que "hai vimbias" para que a iniciativa saia adiante.