Creo que poucos dubidan de que se os políticos se unisen para resolver os problemas dos cidadáns, os resultados serían bastante mellores que se se dedican exclusivamente a sabotear aos seus opositores ou a buscar o seu beneficio persoal.
"Deus non xoga aos dados" dicía Albert Einstein expresando a súa resistencia para aceptar o principio de incerteza de Heisenberg, que di que non é posible determinar con absoluta certeza a posición e a velocidade dunha partícula nun momento dado.