O cambio de modelo produtivo non é unha cuestión que deban abordar só as grandes compañías, é algo no que se debe implicar toda a sociedade, fomentando a colaboración pública-privada. Esta é un dos temas que se abordou hoxe na primeira Asemblea Ordinaria de Viratec, o recentemente creado Agrupación industrial Galega de Solucións Ambientais e Economía Circular.
Marcos Martín González é o actual responsable da recente Agrupación industrial Galega de Solucións Ambientais e Economía Circular, cuxa primeira asemblea ordinaria está a celebrarse agora mesmo en Santiago. O nacemento de Viratec chega nun momento clave para o país. As administracións prometeron aproveitar a crise do coronavirus para promover un cambio de modelo de desenvolvemento onde a economía circular, precisamente, está chamada a xogar un papel crave. Os fondos Next Generation en Galicia, o papel das familias na reciclaxe e o cambio de cultura empresarial ao fío da pandemia son outros puntes desta conversación.