Viaqua e Cetaqua asumen o reto da transición ecolóxica co Centro Mixto de Investigación CIGAT CIRCULAR
A CIGAT CIRCULAR supón un paso máis aló na aposta de Viaqua e Cetaqua na investigación e a innovación.
A CIGAT CIRCULAR supón un paso máis aló na aposta de Viaqua e Cetaqua na investigación e a innovación.
A Xunta cofinanciará o proxecto, achegando o 40% dun investimento que ascende a 3,5 millóns de euros e que cristalizará na creación dunha ducia de empregos.
A loita contra o cambio climático é un dos desafíos aos que, como sociedade, témonos que enfrontar a curto prazo. Os efectos da crise climática xa se fixeron notar este verán, especialmente seco e caloroso en zonas como Galicia. Viaqua e Cetaqua son conscientes do desafío e no seu modelo de economía circular gana un peso específico o Centro Mixto CIGAT CIRCULAR, que nace da unión das dúas firmas coa Axencia Galega de Innovación.
O centro trata converter os residuos de orixe industrial, urbano, agrícola e rural “en recursos de alto valor engadido co obxectivo de contribuír a que Galicia sexa unha rexión neutra en carbono”. O camiño non foi sinxelo e a evolución foi constante desde 2015, cando botaron a rodar as Unidades Mixtas CIGAT e a CIGAT BIOFACTORÍA, alá por 2018.
O Centro Mixto de Investigación consolídase como un dos eixos de futuro, con “unha duración de catro anos” e que mobilizará “un total de 3,5 millóns de euros”, un investimento que correrá en parte a cargo da Xunta, que achegará o 40% do investimento a través da Axencia Galega de Innovación. Ao tempo, supoñerá a creación dunha ducia de postos de traballo cualificados, entre os de nova creación e aqueles de mantemento.
UN PASO MÁIS
A liña marcada é clara, xa que Viaqua e Cetaqua buscan explorar aínda máis o campo da xeración e recuperación de subproductos. O compromiso coa investigación e a innovación é tamén férreo, como viña sendo cando se iniciou o proxecto CIGAT BIOFACTORÍA, coa auga, a enerxía e os residuos como elementos.
“A primeira liña, relacionada co eixo auga, centrarase no desenvolvemento de tratamentos avanzados para a eliminación de microplásticos e a obtención de auga reutilizable. No ámbito enerxía, impulsarase unha liña centrada no aproveitamento enerxético para a obtención de hidróxeno verde e biometano. Respecto ao eixo residuos, desenvolveranse dúas liñas de investigación: unha primeira directamente relacionada coa produción de biocompuestos de alto valor engadido e outra co aproveitamento dos recursos presentes nas correntes residuais”, explican desde Viaqua.
Ao tempo, a CIGAT CIRCULAR é unha resposta aos obxectivos marcados en a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, ademais dun impulso ás industrias de base renovable do país. Por iso, o proxecto incorpora un eixo dixital “que actuará como catalizador para a creación e consolidación de modelos de negocio sostibles baseados en cadeas de valor circulares”.
“Viaqua e Cetaqua Galicia apostan deste xeito fomentar a transición cara a un modelo relacional co medio ambiente máis sostible e responsable, ofrecendo estratexias viables e sólidas para a descarbonización da industria e modelos de negocio circulares cun retorno económico que permita competir coa economía lineal predominante”, conclúen.
Escribe o teu comentario