Ademais, o crecemento da poboación e o aumento da produción de recursos e alimentos fará que a demanda de auga dispare a súa demanda entre un 20% e un 30% de aquí a 2050. Viaqua, ao cuidado do medioambiente En Viaqua, empresa cunha traxectoria de máis de 50 anos, ofrecemos solucións innovadoras arredor da xestión sostible da auga, os recursos naturais e a saúde ambiental para as cidades, a agricultura e a industria, en liña coa folla de ruta da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas.Como empresa galega que que xestiona un recurso natural clave para máis de 765.000 persoas, en preto de 50 municipios, apoiámonos na innovación e dixitalización, así como as alianzas, para acelerar a transformación ecolóxica e contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que nos achegue a un modelo máis sostible, ecolóxico e circular.
É máis necesario que nunca que reconectemos coa natureza para frear a alarmante perda de especies de flora e fauna e para contribuír a mitigar os efectos do cambio climático.