O alcalde de Xove, un dos municipios nos que se asinta Alcoa, reclama o inicio das obras para a A-74: "non se entende que sexamos unha das comarcas máis abandonadas do Estado" por non materializar esta autovía. Demetrio Salgueiro celebra que se vaia a materializar a variante de Viveiro que permitirá desconxestionar o tráfico e reducir tempos en traxectos con dirección a Lugo, Santiago ou Ferrol. O alcalde tamén considera necesaria unha autoridade portuaria propia para a comarca con base na creación dun porto comercial no dique norte de Alcoa, terreo que se pode reverter ao finalizar a concesión do porto en 2027. Sobre o futuro de Alcoa, non especula, aínda que espera que as obras na balsa de lodos permita manter os postos de traballo actuais.
Demetrio Salgueiro Rapa (Lago-Xove) é o actual alcalde de Xove, municipio no que Alcoa ten unha boa parte da súa superficie industrial. Sobre este tema falamos con el ante as repercusións que poida ter a venda da factoría de alúmina e aluminio ou a súa continuidade baixo Alcoa