Profesores improvisando a compra de pizzas porque non chegou a comida ao comedor. Directores tendo que ir ás panaderías locais a comprar pan, porque se acaban os subministros. Este é o panorama que sofren varios centros de educación no inicio do curso, segundo denuncia o principal sindicato do sector.
A denominada Operación "Tag", desenvolvida pola Garda Civil e que supuxo a detención de catro persoas e a investigación doutras catro, supuxo o desmantelamento dunha organización criminal dedicada á produción e comercialización de viños falsificados de prestixiosas marcas.
O Rexistro Mercantil da Coruña acaba de publicar a constitución de dúas empresas creadas especificamente para a posta en marcha de dous novos parques eólicos ao amparo da polémica Lei de Iniciativas Empresariais de Galicia. Trátase de Parque Eólixo Monte Inxeiro SL e de Parque Eólico Gasalla SL.
A empresa abriu unha investigación para esclarecer as causas do suceso.