Varios comedores escolares non reciben comida
Profesores improvisando a compra de pizzas porque non chegou a comida ao comedor. Directores tendo que ir ás panaderías locais a comprar pan, porque se acaban os subministros. Este é o panorama que sofren varios centros de educación no inicio do curso, segundo denuncia o principal sindicato do sector.
Profesores improvisando a compra de pizzas porque non chegou a comida ao comedor. Directores tendo que ir ás panaderías locais a comprar pan, porque se acaban os subministros. Este é o panorama que sofren varios centros de educación no inicio do curso, segundo denuncia o principal sindicato do sector.
A CIG pon no punto de mira a Gescor. Esta empresa é a concesionara de numerosos comedores e cociñas escolares, que no pasado xa sufriu sancións por incumprir as súas obrigacións por importe de 17.000 euros.
Segundo o sindicato nacionalista, o CEIP Celso Emilio Ferreiro de Cerceda non recibiu comida un día desta semana. Os profesores deste centro e doutros catro da comarca cuxos comedores dependen da comida do Celso Emilio Ferreiro, tuviron que improvisar e "comprar pola súa conta empanadas, pizzas e bocadillos para darlle ao alumnado".
"A mesma situación insustentable repítese en diversos centros da provincia de Lugo que levan con problemas no subministro de alimentos desde que empezou o curso", di é sindicato. O IES Fonmiñá de Pastoriza, o IES Basanta Silva de Vilalba, o IES de Becerrea, o CPI Uxío Novoveyra de Pedrafia, o IES Lamas das Quendas e de Val do Asma de Chantada tamén sofren incidencias. Entre elas, a "falta de pratos e enxoval" ou a carencia de alimentos básicos cos que cociñar.
A CIG insiste que a solución a incidencias deste tipo pasa porque sexa a Xunta quen xestione directamente servizos relacionados coa Educación, como os comedores e o transporte.
Nin a Consellería nin a empresa salmantina aludida responderon por agora ás acusacións da central de traballadores, a máis numerosa nas aulas públicas de Galicia.
Escribe o teu comentario