Así estafaba un restaurante galego con viños falsos de miles de euros, segundo a Garda Civil

A denominada Operación "Tag", desenvolvida pola Garda Civil e que supuxo a detención de catro persoas e a investigación doutras catro, supuxo o desmantelamento dunha organización criminal dedicada á produción e comercialización de viños falsificados de prestixiosas marcas.


|

A denominada Operación "Tag", desenvolvida pola Garda Civil e que supuxo a detención de catro persoas e a investigación doutras catro, supuxo o desmantelamento dunha organización criminal dedicada á produción e comercialización de viños falsificados de prestixiosas marcas.


Organización dedicada á produción e venda de viños falsificados

Ás persoas implicadas vincúlallas cos supostos delitos de pertenza a organización criminal, contra a propiedade industrial, contra a saúde pública, estafa e branqueo de capitais.

REXISTRO DUN RESTAURANTE EN CERCEDA
Na operación realizáronse seis rexistros de maneira simultánea nas provincias de Madrid, A Coruña (incluído un restaurante en Cerceda) e Málaga, tres deles en domicilios dos principais responsables da rede e os outros tres en sedes mercantís, ao tratarse dun restaurante e unha nave.

Nestes rexistros os axentes acharon numerosos efectos e documentos relacionados coa investigación, como máis de 1.600 etiquetas falsificadas de diferentes marcas, 26 botellas de viño falsificadas, selos, tampones, multiferramentas, troqueladoras, moldes e ferros metálicos, etiquetas e contraetiquetas, caixas de embalaxe de madeira a nome dunha das empresas prexudicadas, así como diverso material informático e impresoras.

BENEFICIOS
Así mesmo, interveuse documentación comercial que acredita as actividades ilícitas desenvolvidas e que permitiu comprobar a venda de máis de 1.500 botellas de viño de diferentes marcas desde o ano 2014. Os investigadores estiman que o grupo puido obter un beneficio de máis dun millón e medio de euros.

A investigación iniciouse o pasado mes de outubro por mor dunha denuncia presentada na localidade de Navalcarnero (Madrid) polo responsable dunha prestixiosa empresa de viño que manifestaba as súas sospeitas sobre a venda de botellas da súa marca a través dunha páxina web que podían ser falsas, de Ribeira del Duero entre outras denominacións.

Os axentes puideron constatar a través da análise do portal web de venda que efectivamente se estaba comercializando esta marca e pola que nalgunhas ocasións o prezo de venda ao público da botella falsificada ascendía a máis de 1.900 euros.

Para a falsificación e venda do viño a organización adquiría viño con propiedades similares e da mesma denominación de orixe pero a un prezo moito máis económico. Posteriormente, envasábano en botellas cuxas etiquetas e tapóns foran asimilados aos da marca.

Tamén, adquirían cortizas e tapóns parecidos aos das marcas, para serigrafiarlos cunha máquina de fabricación caseira que deseñaran para estampar os logos e anagramas.

IMPRENTA E RESTAURANTE NA CORUÑA
En canto ás etiquetas e as contraetiquetas, adquiríanas nunha imprenta da Coruña  aínda que a organización dispoñía dun taller onde con sistemas informáticos avanzados conseguíanas escanear, procesar e imprimir.

Unha vez finalizado o proceso de falsificación procedían á venda e distribución do viño a través de tres vías. A máis habitual era mediante un portal web especializado en viños no cal algunhas das súas botellas vendíanse por máis 1.900 euros.

Tamén utilizaban como establecemento de venda un restaurante situado na Coruña, que segundo a prensa local era o luxoso Don Álex de Cerceda, ou unha páxina web dedicada ás poxas a nivel internacional.


Nos rexistros practicados atopouse caixas de madeira, ceras de lacre, cápsulas de botellas de diferentes cores, así como collarines e bases metálicos cos que os encartados adornaban e terminaban as botellas para darlles un aire máis convincente e exclusivo.

A operación foi desenvolvida por axentes da Garda Civil con destino no Grupo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Madrid, que contaron co apoio das Unidades Territoriais de Policía Xudicial de Málaga e A Coruña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE