Caixa Galicia

Feijóo culpa ao Banco de España da innecesaria morte de Caixanova mentres a oposición pídelle responsabilidades
Caixanova estaba sa e forzárona a fusionarse cunha tocada Caixa Galicia. Isto é o que vén dicir unha sentenza sobre a operación que acabou con Novacaixagalicia Banco rescatado con 9.000 millóns e malvendido despois a Banesco, dando pé a ABANCA. 
(Des)facer país

Un pais solvente precisa de contar cun sistema bancario sólido e competente no que haxa unha matriz pública, ou cando menos social, relevante. Un país para medrar de xeito estable e prolongado necesita que tanto as administracións públicas, como as familias e as pequenas e medianas empresas teñan un fácil e doado acceso ao crédito para así consumir e investir. En definitiva un pais forte require de institucións que absorban o aforro e o canalicen deica aqueles axentes que precisan de financiamento alleo. Pero a grande crise financeira última puxo en evidencia que non se debe deixar esta función en exclusiva a banca privada dándolle total liberdade. Facelo é asumir un enorme risco pois rematan esquecendo a súa auténtica función económica dedicándose a especulación e a financiar de xeito pouco responsable actividades non produtivas. Comportamento que carrexa as consecuencias catastróficas de sobras coñecidas.


A oposición denuncia o saldo da venda das caixas e Feijóo responde que o volvería a facer

O BNG repróchalle que "as súas mentiras" saíronlle " moi caras" aos galegos e En Marea esixe a carta de encarga á auditora.

Facenda contrata varias veces sen publicidade á consultora da ex-conselleira de Facenda

A Xunta de Galicia adxudicou polo menos seis contratos a Ernst & Young (E&Y) desde que Marta Fernández Currás é socia da consultora. Deses seis contratos, cinco adxudicounos a Consellería de Facenda, que dirixiu a propia Fernández Currás durante case tres anos.

O 'banco malo' vende a súa parte do rañaceos de Benidorm de Caixa Galicia

A Sareb defende que a venda do edificio InTempo, aínda sen acabar, permitirá terminar as obras paralizadas.

A CIG denuncia ao ex director de Caixa Galicia por estafa e administración desleal

Reclama á Audiencia Nacional investigar "se se deseñou unha estratexia para ocultar a situación de insolvencia en 2009". 

Rato facturou de forma opaca 50.000 euros que cobrou por unha conferencia na Coruña

A extinta Caixa Galicia convidou o ex vicepresidente do goberno, que entre 2004 e 2015 ingresou 1,4 millóns a través dun armazón de empresas.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE