A raíz do colapso sucedido este pasado mércores no servizo de urxencias do CHUS, o Sergas asegura que os pacientes críticos non esperan e son atendidos inmediatamente
En xestión empresarial, o “Principio de incompetencia de Peter” é moi coñecido e o que di é que as persoas que fan ben o seu traballo son ascendidos a postos de maior responsabilidade ata alcanzar o seu máximo nivel de incompetencia. E, este principio, non só cúmprese no mundo empresarial, senón que tamén, e, atreveriámonos/atreveriámosnos a dicir, con moita maior frecuencia, en organizacións como as Administracións Públicas.
A ‘Asociación Batas Brancas’ criticou a xestión de Vázquez Almuiña á fronte da sanidade galega por desaproveitar “ a oportunidade de devolver a Atención Primaria galega aos niveis que había antes de que a Consellería de Pilar Farjas”.
Aínda que consideramos que a creación dunha Comisión para elaborar un novo modelo de Atención Primaria é unha farsa que pretende distraer a atención para facernos crer que se fai moito para, ao final, non facer nada, desde a Asociación Batas Brancas imos participar coas nosas propostas.
En opinión da Asociación Batas Brancas, a solución aos problemas do SERGAS non pasa por grupos de traballos -como os lanzados pola Consellería para tentar apagar a actual crise- senón por "dirixentes valentes, capaces, con coñecementos, respectados e innovadores e que, dese logo, non se rodeen só de persoas afíns, sumisas e pouco críticas".