Alberto Núñez Feijoo

Feijóo (PP): Na Mariña hai "menos urxencias e menos ingresos" que o ano pasado, "onde hai que asinar?"
Pide non facer "demagoxia" e demanda colaboración ao sector: se hai discotecas nas que non se usa máscara pecharanse "para todo o verán"
O PP rexeita aprazar a votación, o PSOE alerta que non se pode garantir a seguridade e GeC pide opinión aos xuíces


Finalmente BNG e Marea Galeguista quedan sós reclamando o aprazamento das votacións polo rebrote de coronavirus. Tanto socialistas como rupturistas tentan nadar e gardar a roupa. Por unha banda critican a cerrazón de Feijóo a aprazar os comicios pero non esixen atrasalo, a espera de que a Xunta Electoral mova ficha. 

Feijóo pide despolitizar a sanidade e ataca a Moncloa por "o atraso da alerta" que "custou miles de vidas"
Gustaríalle "un pacto sanitario" en España e defende "non demonizar" a sanidade privada, que ve "unha oportunidade" para "descolapsar" a pública
Feijóo promete que non lle tremerá o pulso cos rebrotes pero, por agora, non fala de confinar A Mariña
O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, proclamou este domingo que "a prioridade número uno é a seguridade na saúde pública" e garantiu que, se ten que tomar decisións, farao e non lle tremerá "o pulso".
Feijóo abre a porta para nacionalizar Alcoa e di que hai "contactos" con compradores (vídeo)

Se o Estado pretende nacionalizar Alcoa para salvala, mellor que o faga xa hoxe que mañá, di o presidente. Todo un xiro na postura do PPdeG, moi reacion ata o de agora a valorar se queira un rescate da factoría que implicase que o Estado toma o control. Un dos motivos do cambio de postura parecen ser "contactos" con empresas que estarían interesadas en facerse coa planta de San Cibrao.

Casado estará o domingo en Santiago con Feijóo na presentación das listas do PP

O líder do PP estatal desembarcará en Galicia poucas horas despois do fin do estado de alarma para arroupar a un Feijóo co que tivo xa máis dun rozamento político. Unha indicación clara da imporantancia que para os 'populares' teñen a nivel estatal as eleccións galegas, única cita onde aspiran a sacar peito vistas as pobres expectativas que lles dan as enquisas no País Vasco.

Feijóo agradece ao Goberno de PSOE e Podemos o seu "esforzo" e "diálogo", con "acertos e erros" e pídelle reformas


O PP de Pablo Casado está a asediar ao Goberno central, ao que culpa de case todos os males do coronavirus pola súa xestión. Punto de vista de Xénova do que se distancia, unha vez máis, o presidente de Galicia, ao sinalar fallos, pero tamén acertos e, en todo caso, o diálogo e a colaboración entre Moncloa e San Caetano.  





A Xunta, contra a chegada de turistas de Madrid ou Barcelona, firme en adiantar o fin do estado de alarma
Afirma que "se todas as comunidades tivesen os datos de Galicia" anticiparían a saída do estado de alarma "polo menos unha semana"
Este luns adeus ao estado de alarma en Galicia, adianta o presidente Feijóo

Os datos da evolución da pandemia en Galicia seguen sendo bos, con menos de 500 casos activos, só un caso diganosticado con síntomas nunha semana e sen ningún contaxiado na UCI. De seguir así, o venres o presidente galego decidirá que o luns 15 acábese o estado de alarma, sete días antes do previsto e só unha semana despois de entrar en Fase 3.

Todas as enquisas tras o coronavirus dan maioría a Feijóo nas eleccións galegas do 12

Van xa catro enquisas publicadas desde a pandemia e todas dan maioría absoluta ao PPdeG. Este domingo publicáronse dúas novas e confírmase que o COVID-19 non lle sentou mal ás expectativas electorais de Alberto Nuñez Feijóo.

Galicia e Euskadi votarán moderación

As distintas enquisas que apareceron nas últimas horas no moi distorsionado mundo das audiencias indican que, nin Galicia nin Euskadi, están por labor de ofrecernos sobresaltos o xa cada vez mais próximo 12 de Julio. 

Feijóo lanza outra crítica a Cayetana Álvarez de Toledo: ve "un erro" que a oposición "tamén perda os papeis"
"Xa abonda deste tipo de espectáculos parlamentarios que estamos a ver no Congreso", reclama o barón popular galego
Feijóo é o "pitufo gruñón" do coronavirus e un "mentireiro compulsivo" , di Caballero

A proximidade das eleccións quenta o debate político. Hoxe o líder do PSdeG atacou moi duramente ao presidente da Xunta pola súa actitude nesta crise. Desde o PPdeG insisten en que as eleccións se convocaron para xullo non por interese, se non por recomendación dos expertos sanitarios. Non llo cren desde Galicia en Común, quen acusa a Feijóo quere "acelerar" a desescalada para "aparentar normalidade". O Bloque carga tamén polo líder conservador por non lograr a ansiada mobilidade entre provincias.

Vésperas electorais

Unha historia que nos mostra como unha baixa participación nas eleccións autonómicas favoreceu sempre, excepto contadas excepcións como no ano 2009, ás forzas conservadoras (PP).Unhas eleccións que aínda que se celebrarán finalizado o estado de alarma non resulta fácil, ao día de hoxe, vaticinar como será a situación real no país tanto a nivel sanitario como moi especialmente a nivel psicolóxico.

Feijóo pide que os galegos se poidan mover entre provincias
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou que entre este luns e este martes a Consellería de Sanidade pedirá o pase á fase 2, á vez que aposta por "seguir intensificando" as diferenzas entre o rural e o ámbito urbano durante a desescalada.
Feijóo pide pechar a porta a turistas doutras autonomías con máis coronavirus que Galicia

De aceptar o Goberno de España a petición, miles de madrileños probablemente non poderán vir veranear á costa galega, polo menos en xuño

Estes son os informes oficiais sobre o futuro de coronavirus en Galicia e as eleccións


É seguro convocar eleccións en xullo, pouco despois de, con sorte, superar a primeira onda de coronavirus? O presidente da Xunta así o cre pero a case toda a oposición parécelle mal. En Común mesmo indica que o denunciará na Xustiza. Feijóo apoia o seu punto de vista con estes catro informes, solicitados por el, que publica Galiciapress. Un deles advirte dun pequeno rebrote agora e outro previsible e máis serio a finais de xullo. 

Que Dorado confirme que el e Feijóo foron moi amigos é "un tema moi menor", cre o PP
PSdeG, BNG e En Común cren que o presidente "mentiu" e o PPdeG lamenta que non estean centrados "nos problemas" de Galicia
Marcial Dorado: "Coñecín a tres noivas de Feijóo, viaxamos a Eivissa, Picos de Europa, Portugal ..." (vídeo)

O narcotraficante declara que lle pediron que publicase "merda" sobre Rajoy e Feijóo , ao que votará nas autonómicas deste veran Marcial Dorado insiste en que el e  Alberto Nuñez Feijóo eran moi amigos, tanto que o entón número 2 da Consellería Sanidade durmía na súa casa e a súa muller facíalle o almorzo.

As eleccións serán cando haxa menos risco de contaxio, di Feijóo
Non concreta que quincena de xullo pode ser a máis adecuada para ir ás urnas e apunta a decidir "se é máis razoable" facelas "antes ou despois de agosto"

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE