Todas as enquisas tras o coronavirus dan maioría a Feijóo nas eleccións galegas do 12

Van xa catro enquisas publicadas desde a pandemia e todas dan maioría absoluta ao PPdeG. Este domingo publicáronse dúas novas e confírmase que o COVID-19 non lle sentou mal ás expectativas electorais de Alberto Nuñez Feijóo.


|

Van xa catro enquisas publicadas desde a pandemia e todas dan maioría absoluta ao PPdeG. Este domingo publicáronse dúas novas e confírmase que o COVID-19 non lle sentou mal ás expectativas electorais de Alberto Nuñez Feijóo.





DEREITAS: VOX E CIDADÁNS quedan FOSEN

Así, o estudo de Sondaxe para A Voz outórgalle 40 escanos aos conservadores. Un máis terían de acordo ao traballo de Infortécnica para A Rexión e Atlántico Diario.


O peor resultado para o PP nas enquisas tras a pandemia é o que lle outorgou O Diario. Con todo, eses 38 deputados sobraríanlle aos 'populares' para repetir en San Caetano. Ata hoxe só única enquisa situou aos conservadores por baixo da maioría absoluta e foi un estudo encargado polo PSOE antes da pandemia.


A clave  é que aínda non hai ningunha enquisa que conceda representación a Cidadáns ou Vox, nin antes nin despois da pandemia.  Algo moi sorprendente vistos os resultados que logrou Vox nas xerais pola Coruña, onde estivo a piques de lograr un dos oito deputados en xogo.


En definitiva, se as alternativas da dereita non logran escano, Feijóo parece que vai camiño igualar o récord de Manuel Fraga. 


ESQUERDAS: O PSOE E O BLOQUE AVANZAN A CONTA DAS MAREAS

A pandemia tampouco provocou ningún revolcón no bando da esquerda. O PSOE non se desmorona pola xestión da crise  e de feito a enquisa de Infortécnica outórgalles o mellor resultado ata a data, 22. 


Os de Gonzalo Caballero parecen que liderarían calquera coalición alternativa ao PPdeG. O Bloque quedaría bastante lonxe, os 12 deputados que lle concede hoxe Sondaxe é a mellor estimación para os nacionalistas, exceptuando a do estudo encargado polo PSOE.


Galicia en Común, a coalición de Podemos, ANOVA, Esquerda Unida e algunhas mareas locais, sería a máis prexudicada nos comicios deste verán. De liderar a oposición esta lexislatura, agora quedarían en cuarto lugar, cunha pinza de entre os tres deputados, que lles concede Infortécnica, e os seis escanos que lles adxudica Sondaxe.


Marea Galeguista, a marca de En Marea, parece condenada a repetir o fracaso das eleccións xerais do ano pasado. Ningunha enquisa dálles representación.


Con todo, é demasiado pronto para que o PPdeG cante vitoria. Sobre todo, porque aquí ao 12 de xullo pode haber moitas noticias en relación á xestión da crise do coronavirus por parte das diferentes administracións. Por exemplo, está por ver se a ofensiva de axudas sociais que está a lanzar Moncloa impulsa a Gonzalo Caballero ou se un posible rebrote en Galicia prexudica ao PPdeG ou un repunte en España prexudica ao PSOE.



J5VSJ todas as enquisas eleccións galegas 5a





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE