Este luns adeus ao estado de alarma en Galicia, adianta o presidente Feijóo

Os datos da evolución da pandemia en Galicia seguen sendo bos, con menos de 500 casos activos, só un caso diganosticado con síntomas nunha semana e sen ningún contaxiado na UCI. De seguir así, o venres o presidente galego decidirá que o luns 15 acábese o estado de alarma, sete días antes do previsto e só unha semana despois de entrar en Fase 3.


|

Os datos da evolución da pandemia en Galicia seguen sendo bos, con menos de 500 casos activossó un caso diganosticado con síntomas nunha semanasen ningún contaxiado na UCI. De seguir así, o venres o presidente galego decidirá que o luns 15 acábese o estado de alarma, sete días antes do previsto e só unha semana despois de entrar en Fase 3.


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, propoñerá, na reunión do Consello de Goberno do venres, deixar sen efecto o estado de alarma a partir do próximo luns, a condición de que se manteña a actual situación de "control" da pandemia e a baixa taxa de contaxio.

Así o confirmou, en resposta a preguntas dos xornalistas durante unha visita a unha empresa no parque industrial de Porto do Molle, en Nigrán (Pontevedra), e subliñou que o goberno galego "traballa nese horizonte" se se mantén, como nos últimos días, a taxa de contaxio, que é do 0,4 por cada 100.000 habitantes.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha visita á empresa Nort3D, no parque industrial de Porto do Molle, en Nigrán (Pontevedra)Feijóo esta mañá nun acto


Con todo, precisou que, aínda que o estado de alarma quede "anulado", manteranse as "cautelas desde o punto de vista sanitario".


Tras negociar con grupos nacionalistas, o Goberno de España deixou en mans da autonomías que lograsen pasar a Fase 3 terminar o estado de alarma nos seus territorios antes da data prevista, a finais de mes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE