Israel anuncia a mobilización de preto de 60.000 reservistas como antesala á ofensiva terrestre coa que pretende ocupar a totalidade de Gaza. O plan de Netanyahu é intervir no enclave palestino e desoir as voces que reclaman un cesamento das hostilidades, a pesar da vontade de Hamás de asinar unha tregua.