O informe da Dirección Xeneral de Patrimonio Cultural, asinado por María del Carmen Martínez Ínsua, deu luz verde ao proxecto de Altri desde o punto de vista do impacto patrimonial, especialmente en relación co Camiño de Santiago. Martínez abandonou o seu cargo. A oposición acusou á Xunta de meter presión aos funcionarios e facer que os cargos asinasen informes a favor da polémica celulosa.