Melendi colga o 'sold out' no Coliseum e ofrecerá un segundo concerto na Coruña

Tras esgotar o papel para o sábado o asturiano actuará tamén o venres 13 de novembro. 


|

Archivo - Melendi
Foto: EP

 

Melendi ofrecerá un segundo concerto na Coruña tras esgotar as entradas para o que ofrecerá o 14 de novembro, segundo informa a organización.
 


O artista actuará tamén o 13 de novembro no Coliseum "dentro dun Pop Rock Tour que segue ampliando datas", remarcan os promotores que explican que as entradas sairán á venda este vienres.

Ambos os concertos forman parte da xira coa que o artista asturiano presentará en directo o seu próximo e inminente álbum de estudo, Pop Rock, un proxecto concibido para o directo.

Tamén na Coruña o saxofonosita e clarinetista Paquito D'Rivera, ofrecerá un concerto o 18 de marzo na Sala Garufa Club da cidade.
 


Así mesmo, ese día o Teatro Colón acollerá o espectáculo 'Piaf! The Show'. Dirixida por Gil Marsalla e interpretada pola cantante Nathalie Lermitte, esta obra percorre os fitos da vida da cantante Edith Piaf.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE