Un ciclista falece tras sufrir unha caída en Cangas
O 061 informou de que estaban a mobilizar ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago; pero, finalmente, confirmouse o seu falecemento
Un ciclista faleceu este sábado ao sufrir unha caída no municipio pontevedrés de Cangas, segundo informou o 112 Galicia, que recibiu o aviso do accidente ao redor das 13.00 horas.
O suceso rexistrouse no quilómetro 4 da estrada EP-1002, en Erbello, na parroquia de Aldán. Un particular avisou á central de emerxencias de que o deportista, tras sufrir unha caída, necesitaba asistencia sanitaria urxente, xa que permanecía inconsciente nese momento.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Cangas.
O 061 informou de que estaban a mobilizar ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago; pero, finalmente, confirmouse o seu falecemento.
Escribe o teu comentario