Axuda para atopar a Isidro, un septuaxenario desparecido en Santiago
Unha tatuaxe no brazo esquerdo e o pelo canoso son dous das características que poden axudar a identificar a este santiagués desaparecido hai unha semana.
#SOS Desaparecidos enviou un aviso de alerta en Santiago por un home de 70 anos de idade do que non se sabe nada desde o pasado mércores, día 14 de maio.
Trátase de Isidro Marcelo Gutiérrez Domínguez, mide entre 1,70 e 1,80 metros, ten pelo canoso, ollos castaños e unha tatuaxe no brazo esquerdo.
No momento no que se lle perdeu a pista levaba posto un pantalón marrón, chaqueta do mesma cor, camiseta vermella e zapatos negros.
Desde SOS Desaparecidos piden que se alguén ten algún tipo de información para axudar a localizalo póñase en contacto coa asociación nos teléfonos 649952957 e 644712806 ou no correo electrónico info@sosdesaparecidos.es.
Escribe o teu comentario