Investigan o presunto responsable de provocar un incendio en Val do Dubra por unha queima sen autorización
Os feitos ocorreron o 15 de setembro na parroquia de Coucieiro e queimou 200 metros cadrados de superficie rasa.
A Policía Autonómica investiga a unha persoa como presunta autora dun incendio no municipio coruñés de Val do Dubra orixinado debido a un escape dunha queima realizada sen as medidas de seguridade necesarias e nunha data na que estaban prohibidas.
Tal e como informou a Xunta, o incendio rexistrouse o pasado 15 de setembro na parroquia de Coucieiro e afectou a unha superficie de 200 metros cadrados de superficie rasa.
No que vai de ano, a Policía Autonómica ha investigado a 13 persoas como presuntas autoras de incendios forestales. Neste contexto, a administración autonómica apela á concienciación e á prudencia de face a evitar o rexistro de incendios.
Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Escribe o teu comentario