María Méndez (Asociación de Xornalistas de Galicia): "O gran reto é romper o teito de cristal"

María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia atende a Galiciapress despois do éxito dunhas xornadas nas que se puxo o foco no camiño que queda por percorrer para alcanzar a igualdade no xornalismo e na sociedade.

 


|

María Méndez, presidenta da Asociación de Xornalistas de Galicia atende a Galiciapress despois do éxito dunhas xornadas nas que se puxo o foco no camiño que queda por percorrer para alcanzar a igualdade no xornalismo e na sociedade.

 

A comunicadora indica que "o acceso á profesión está absolutamente garantido", nun contexto no que hai unha crecente presenza feminina. O reto é trasladar esa presenza aos postos de responsabilidade. 

 

315940928 567971225330644 5214066438241201403 n
Foto: Asociación de Xornalistas de Galicia

 

Ana Lorenzo, Eva Vázquez, Carmen Pérez, Ángela Precedo, María Almodovar, Sara Rincón… Todas mulleres, todas xornalistas de prestixio e, o máis importante, todas concienciadas coa igualdade e o feminismo. Todas elas participaron este venres no éxito do congreso organizado pola Asociación de Xornalistas de Galicia ‘A igualdade e a violencia de xénero en tempos de guerra’, que tivo lugar en auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e no que participaron un nutrido grupo de xornalistas, alumnos e representantes políticos. 
 

María Méndez, presidenta da Asociación, destaca a sensación “moi positiva” que deixa a xornada, pese ao “resultado agridoce dos contidos”, xa que non fan outra cousa que probar que “queda moito por facer aínda”. “Tratamos de pór encima da mesa o papel dos medios de comunicación e de información de contidos e dos profesionais con respecto á equiparación da igualdade”, explica Méndez sobre unhas xornadas que arroxaron “unha análise rotunda” sobre unha situación de primeira orde.

 

Afortunadamente, nesta III Edición da xornada a representación e a participación foi “moi rica, con relatores cunha reputada traxectoria que avala os seus relatos”. “Contamos con persoas con experiencia en primeira liña de conflitos bélicos, en campos de refuxiados, que forman parte dunha profesión na que existen grandes dificultades…”, celebra a presidenta.


CANTEIRA E GUERRA DE UCRAÍNA

Esta edición sobresae sobre as anteriores por dous aspectos. O primeiro deles é a presenza de futuros xornalistas durante a xornada, na que interviñeron alumnos do Grao de Xornalismo da USC. Hai canteira? “Por suposto!”, festexa Méndez, “unha canteira moi sensibilizada coa igualdade e capacitada para desenvolver un papel moi responsable”. 
 

“As últimas estadísticas que saíron mostra un certo retroceso nas capas máis novas con respecto á sensibilización deste grupo coa igualdade, pero os alumnos hoxe demostraron que están implicados no asunto, e así o estiveron tamén no desenvolvemento deste congreso”, comentan desde APG.


 

O outro punto relevante neste 2022 é que a xornada se desenvolveu mentres ten lugar un conflito armado en pleno corazón de Europa, un aspecto que non puideron pasar por alto e que provocou que a xornada tivese unha tinguidura “monográfica” coa Guerra de Ucraína. “Hai que ampliar o foco. Hai moito por facer para lograr a consecución da igualdade”, lamenta Méndez. 

 

Nesa liña, lembra que en España “aínda queda moito por facer en cuestións de educación e concienciación”, pero que xa existen bases, “normativas que protexen os dereitos”, aínda que fixo especial fincapé, e ao fío dun tema de actualidade como as polémicas rebaixas penais a condenados por agresións sexuais, “as normas de gran calado deben estar ben estudadas e fundamentadas”. En cambio, hai moitos outros países nos que hai “mulleres moi loitadoras” pero onde a igualdade brilla pola súa ausencia.  


ROMPER O TEITO DE CRISTAL”

Os medios de comunicación están a contribuír en gran medida a pór o acento na necesidade imperiosa de alcanzar a meta de construír unha sociedade xusta e igualitaria. Nesta ocasión, as xornadas puxeron de relevancia o tratamento das televisións e as plataformas dixitais, que son “soportes novos, utilizados especialmente por un público jóven”. 

 

No entanto, Méndez puntualiza que este traballo e o mérito corresponde “a todos os medios, xa sexan soportes tradicionais ou dixitais”. “Non hai medios que inclúan máis que outros. Todos teñen o pleno convencemento da importancia de ser igualitarios”, abunda. 

 

Un exemplo de que as conquistas se van conseguindo aos poucos é a incontestable presenza feminina na carreira de xornalismo. “Na profesión hai cada vez unha maior presenza de mulleres. O verdadeiro reto é lograr romper o teito de cristal”, considera Méndez. Os cargos directivos e de responsabilidade, como noutros sectores, seguen sendo ocupados na súa maioría por homes, o que fai aínda máis urxente a presenza de voces femininas. 

 

Os factores que alimentan esa brecha son a conciliación coa vida familiar, un peso que segue recaendo sobre as mulleres, ademais doutros “condicionantes e estereotipos”. Con todo, Méndez recalca que “o acceso á profesión está absolutamente garantido”.
 

Dentro do xornalismo hai algúns ámbitos que seguen contando un rumbo de xénero incontestable. No xornalismo deportivo, por exemplo, logrouse este ano un fito sen precedentes, ao contar con voces femininas na narración dos partidos televisados da Primeira División. “O sexo non pode ser un elemento diferenciador”, sentenza Méndez. Por sorte, o número de mulleres xornalistas en eventos deportivos, en corresponsalías ou como enviadas especiais a zonas de conflito é cada vez maior. 


O vindeiro venres terá lugar el Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Para este 25 de novembro a APG non dúbida en que se sumarán ás protestas e reivindicacións despois deste congreso tan ambicioso. Méndez non pode ser máis transparente con relación ao 25N: “Cando falamos de igualdade, a violencia machista representa a maior das desigualdades. É responsabilidade de todos combatela”.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE