Ecoloxistas e veciños da Ribeira Sacra buscan respostas ás dúbidas da planta de biometano no Saviñao

A Asociación de Veciños de Vilaesteva, ADEGA, FRUGA e o BNG convocan unha mesa redonda para o sábado 26 de abril ás 11:30 horas.


|

Planta de biogu00e1s
Foto de arquivo dunha planta de biogás

 

Realmente é necesaria unha planta de biometano no Saviñao? Ten riscos medioambientais? Existe de verdade un problema co tratamento dos residuos nas granxas da Ribeira Sacra? Estas e outras moitas preguntas son as que se fan hoxe vos veciños da parroquia de Vilaesteva, cuxa Asociación veciñal organizou un foro na Casa cuartel de Currelos para tratar de dar resposta aos interrogantes que rodean a un proxecto de biogás que, segundo o Concello do municipio lucense, podería instalar na localidade despois de que algunhas firmas sonden aos produtores gandeiros da contorna para obter a materia prima necesaria para esta industria. 

 

 

"CAMBIO DE LEXISLACIÓN"

A mesa redonda convocada para o sábado 26 de abril ás 11:30 horas estará composta, ademais de pola Asociación de Veciños de Vilaesteva, que abandera a oposición á chegada dunha planta de biogás ao municipio -xa logrou máis de medio milleiro de firmas nunha campaña online contra o proxecto, do que aínda se descoñecen moitos detalles-, está organizada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Federación Rural Galega (FRUGA) e o Bloque Nacionalista Galego (BGN).

 

Mesa redonda en Currelos

 

A enxeñeira agrónoma e deputada nacionalista Montse Valcárcel, o secretario xeral de ADEGA Daniel Vispo, ou o coordinador de FRUGA Elías Somoza participarán neste encontro sobre as centrais de biometano e o tratamento dos xurros das granxas e os lodos de depuradora cos que pretenden facer funcionar a instalación. 

 

"Representantes de empresas do sector seguen vistanto as nosas terras tentando conseguir contratos con empresas gandeiras", denuncian desde a asociación veciñal, que mostrou o seu malestar por este proxecto que pode provocar un dano ecolóxico nos mananciais da zona, ademais de problemas no tráfico e malos cheiros en distintas parroquias da localidade. 

 


Ademais, desde o colectivo sinalan que existen "moitas dúbidas" sobre o proxecto nun contexto de "cambio coa nova lexislación", polo que pretenden dar carpetazo a todas as incertezas que flotan no aire nestes momentos, tamén sobre a propia calidade do produto final no caso de que chegue a cristalizar a planta de biogás. Así, os organizadores convidan a veciños e gandeiros a participar no acto para que o diálogo entre as partes sexa total. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE