A depresión podería favorecer enfermidades como o Alzheimer, segundo novo estudo galego
Unha investigación desenvolvida polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), en colaboración co CHUS e o IIS-Galicia Sur, identifica diferenzas nos niveis plasmáticos de péptidos amiloides en persoas con depresión. Os achados, publicados no International Journal of Molecular Sciences, poderían axudar a entender a relación entre a depresión e as enfermidades neurodegenerativas.
O Grupo de Investigación Traslacional en Enfermidades Neurolóxicas (ITEN) do IDIS liderou o primeiro estudo en España que analiza de forma simultánea, mediante a tecnoloxía ultrasensible SIMOA, varios marcadores biolóxicos vinculados ao metabolismo amiloide —relacionado co Alzheimer— e ao dano neuronal en pacientes con trastorno depresivo maior (TDM).
O traballo desenvolveuse en colaboración co servizo de Neurología do CHUS e co Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), con sede en Vigo. O estudo suxire que determinados biomarcadores presentes en sangue poden ofrecer sinais temperáns sobre procesos cerebrais vinculados á depresión sen necesidade de recorrer a métodos invasivos como a punción lumbar.
Até agora, a medición destes marcadores realizábase no líquido cefalorraquídeo, unha técnica custosa e dolorosa. A análise en sangue periférico, segundo o Dr. Agís-Balboa, colíder do grupo ITEN e responsable da plataforma SIMOA do IDIS, representa un avance importante tanto para os pacientes como para o sistema sanitario.
O estudo mediu catro indicadores clave: os péptidos beta-amiloide 40 e 42, o neurofilamento lixeiro (#Nfl) e a proteína glial GFAP, esta última relacionada coa actividade de soporte neuronal. Tras axustar os datos por idade e sexo, a investigación observou niveis reducidos dos péptidos amiloide en pacientes con depresión fronte a controis sans, aínda que non se acharon diferenzas significativas en Nfl nin en GFAP.
Os expertos destacan que a diminución dos péptidos beta-amiloide detectada difire do patrón típico na enfermidade de Alzheimer, o que suxire que a depresión podería influír no metabolismo amiloide de forma distinta. Ademais, os niveis de Nfl e GFAP parecen #incrementar coa idade, e non tanto coa presenza de depresión, en liña co observado noutros estudos internacionais.
A investigación ten especial relevancia porque a cohorte estudada —pacientes diagnosticados de depresión maior— non mostraba deterioración cognitiva nin pertencía a poboación de idade avanzada. Segundo os autores, isto reforza a idea de que as alteracións detectadas poderían aparecer antes dos síntomas cognitivos.
O IDIS subliña a vocación exploratoria do traballo e chama á prudencia na interpretación dos resultados. Investigadores como Carlos Fernández Pereira apuntan que estas variacións nos niveis de amiloide poderían deber tamén a factores metabólicos ou sistémicos, sen implicar necesariamente un proceso neurodegenerativo.
O estudo, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e o Instituto de Saúde Carlos III, reforza a colaboración entre os centros de investigación galegos no ámbito das neurociencias e a psiquiatría. O Dr. José M. Prieto, xefe de Neurología do CHUS, destaca a necesidade de futuras investigacións lonxitudinais que permitan seguir a evolución destes biomarcadores desde a depresión até posibles etapas de demencia.
Interdisciplinariedad e saúde mental
O proxecto reuniu a profesionais de psiquiatría, neurología, psicoloxía clínica, enfermaría e laboratorio, nun exemplo de cooperación entre disciplinas que reflicte o camiño cara a unha psiquiatría máis biolóxica e personalizada. Os autores insisten en que o estudo é transversal e observacional, o que impide establecer relacións causais, pero sentan as bases para futuras liñas de traballo destinadas a entender mellor a conexión entre a depresión e os trastornos neurodegenerativos.
O avance científico galego enmárcase nun contexto crecente de preocupación polo impacto da depresión na saúde pública e no risco de deterioración cognitiva.
Escribe o teu comentario