(VIDEOCLIP) 'Google calendar', a batalla entre Filloas e Paula Ferraz para un novo ciclo de hyperpop
O artista galego inicia a conta atrás para o lanzamento do seu novo traballo.
O 10 do hyperpop galego volveu. Tras un 2025 cargado de novidades e concertos, Filloas prepara un novo ciclo para este ano, onde lanzará novo EP. Para o pistoletazo de saída a esta nova etapa, o artista contou nesta ocasión con Paula Ferraz para o lanzamento do seu primeiro sinxelo.
AXENDA CHEA E CORAZÓN BUXÁN
Unha vez máis, Filloas acode a referencias cibernéticas para falar neste 'google calendar' da cantidade de compromisos que ocupan o seu atribulada cabeza con ortros mil pensamentos á vez que provocan un caos que leva ao artista ao bordo do cortocicuito.
A produtividade autoimpuesta e a incapacidade para poder organizar todos os seus quefaceres e proxectos son algúns dos asuntos que aborda neste tema, cun videoclip dirixido por Xaime Mirnada e Lara Caeiro, coa conclusión final de que importa máis ter o corazón cheo que a axenda.
Despois do éxito de 'Súbeche ao EVA', último traballo que o levaron a el e a súa camiseta do Coruxo a algúns dos festivais e salas máis importantes da xeografía galega, Filloas traballa na posta de longo deste novo álbum, que contará cun novo directo que pronto verá a luz.
Escribe o teu comentario