"Estables e sen cambios" os brigadistas e o bombeiro ingresados no CHUAC con queimaduras graves
Os tres profesionais resultaron feridos durante a vaga de incendios. Con todo, o prognóstico nos tres casos é grave.
As tres persoas ingresadas ao resultar feridas nos incendios en Ourense seguen ingresadas no Complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), estables e sen cambios.
Así o informaron fontes hospitalarias consultadas por Europa Press. No caso do brigadista de 18 anos, sofre queimaduras de terceiro grao con afectación no 40% do seu corpo. O seu prognóstico é moi grave.
O de 26 anos ten queimaduras de segundo grao con afectación no 15% do seu corpo, tamén estable e con prognóstico no seu caso grave. Pola súa banda, o bombeiro de 46 anos ten queimaduras de segundo grao, cunha afectación do 10% do corpo. Está estable con prognóstico grave.
O tres, explicaron as fontes hospitalarias, permanecen ingresados na Unidade de Queimados do Complexo hospitalario universitario da Coruña.
Escribe o teu comentario