Foro de Igualdade e Concello de Lugo incian o caldendario de manifestacións contra a violencia machista

As protestas silenciosas terán lugar o primeiro martes de mes xunto á Árbore da Vida, a partir das 12:30 horas.


|

GtzPUfxXIAA3nmi
Minuto de silencio da corporación municipal do Concello de Lugo o pasado 19 de xuño


O Concello de Lugo e o Foro de Igualdade inician este martes un programa de concentracións silenciosas contra a violencia machista. A cita será, como cada primeiro martes de mes, xunto á Árbore da Vida, na Praza de Santo Domingo, ás 12.30 horas.
 


Esta iniciativa ten a súa orixe no acordo alcanzado no mes de xullo polas asociacións e colectivos que integran o Foro de Igualdade, e ten como obxectivo de dar maior visibilidade á loita contra as agresións sexuais, a violencia de xénero e os asasinatos machistas.

A presidenta do foro e concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, subliñou que estas concentracións "simbolizan a unión fronte aos asasinatos machistas, por encima de cuestións partidistas, con actos non silenciosos e con berros á vida por aquelas que xa non poden falar".
 


Nesta primeira cita leranse as definicións de feminicidio e violencia vicaria, e lembrarase a todas as mulleres asasinadas no que vai de ano. Até a data, 2025 contabiliza 23 feminicidios oficiais e tres non oficiais, ademais do asasinato de tres menores en casos de violencia vicaria. Estes crimes deixaron a 16 menores orfos.

"Convidamos a toda a cidadanía lucense a sumar a esta concentración, a alzar a súa voz e a mostrar un compromiso firme e inquebrantable na loita contra a violencia machista", engadiu López Racamonde.

O Foro de Igualdade, presidido por López Racamonde e coa edil Anxos Novo como vicepresidenta, reúne a representantes do Goberno local, de todos os grupos políticos da corporación e de entidades sociais, sindicais e veciñais. Entre elas, asociacións de veciños, colectivos de mulleres, sindicatos (CC.OO., STEG, CIG, UXT), a Fundación Secretariado Xitano, Unións Agrarias, a Asociación de Mulleres Rurais A Landra ou o Foro Feminista de Lugo, entre outros.

O órgano conta ademais con invitados e suplentes, como a Plataforma Feminista de Lugo, o Sindicato Labrego Galego, Colexio de Enfermaría, Arelas -Asociación de Familias de Menores Trans- ou a Asociación Endometriosis.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE