O Festival O Son do Camiño 2018 desembarca en seis cidades tras o éxito en Santiago
Nomes internacionais como The Hives ou José González están no cartel dunha serie de actuacións presentadas hoxe.
Nomes internacionais como The Hives ou José González están no cartel dunha serie de actuacións presentadas hoxe.
Son do Camiño en Monte do Gozo | Eva Neira
Seis concertos de recoñecidos artistas nacionais e internacionais completarán este outono a programación de O Son dO Camiño 2018, o festival co que Galicia promove a celebración do Xacobeo 2021. Despois da celebración do festival en Santiago, as novas citas musicais ampliarán o seu alcance ao resto de cidades da Comunidade, situadas en diversos itinerarios xacobeos.
O cartel estará protagonizado por The Hives, na Coruña, e Miguel Poveda, en Ferrol, ambos os concellos do Camiño Inglés. En Lugo, cidade pola que discorre o Camiño Primitivo, recalará Pablo López, mentres que en Ourense, na Vía da Prata, actuará Rodrigo Leão.
Finalmente, José González pasará por Pontevedra, no Camiño Portugués, e Mon Laferte por Vigo, no Camiño Portugués da Costa, pechando así a programación da primeira edición do evento.
As seis citas terán lugar ao longo dos meses de outubro e novembro, cunha proposta que dá continuidade ao festival, que congregou a 84.000 asistentes de 12 países no Parque Monte do Gozo.
Escribe o teu comentario