Teenage Fanclub, unha das bandas escocesas máis respectadas, chegará á Ribeira Sacra para presentar o seu último traballo, ‘Endless Arcade’, un disco no que volven convivir as melodías radiantes do indie pop con algunha entrega xa ocasional aos punteos do indie-rock aos que nos teñen afeitos. Pola súa banda, Lola Marsh, o dúo israelí formado pola vocalista Yael Shoshana Cohen e o multiinstrumentista Gil Landau, presentarán o seu pop épico e exultante folk global, con toques que lembran a The Lumineers e Arcade Fire, pero tamén a Phoenix e Chvrches, e mesmo a Sufjan Stevens. Así mesmo, Maika Makovski poñerá o ritmo e o rock’n’roll ao festival co seu último directo.
Nomes internacionais como The Hives ou José González están no cartel dunha serie de actuacións presentadas hoxe.
O cantautor catalán acaba de lanzar a súa xira Mediterraneo, ao rededor do disco homónimo, considerado polo crítica un dos mellores da historia da música en español.