Delegados de UGT denuncian a "parálise" do sindicato en Ferrolterra
Informaron de que o sindicato está agora mesmo nunha situación de "descontrol absoluto"
Algúns delegados do sindicato UGT denunciaron a "parálise" que sofre esta organización na área de Ferrolterra desde hai un ano, logo de que José Antonio Díaz, o seu secretario comarcal, presentase a súa dimisión. Isto motivou a que a dirección rexional nomease a unha xestora "que non atende nin dá resposta aos delegados".
Segundo denunciaron varios deles, o sindicato está actualmente nunha situación de "desgoberno absoluto", onde como presidente da xestora está José Luís Fernández Celis, "imposto pola dirección de UGT de Galicia", segundo aseguraron varios delegados.
FEDERACIÓN DE INDUSTRIA, CONSTRUCIÓN E AGRO
Estes respresentantes sindicais afirman tamén que se produciron "substitucións e cambios nada claros" na Federación de Industria, Construción e Agro de Ferrol, xa que foi apartada do cargo María Palacios para nomear como á xestora Paula Alvés Dasilva como presidenta. que foi tamén "colocada por UGT FICA Galicia sen ningún tipo de xustificación, colocada aí a dedo polos responsables do sindicato, pero non elixidos nin por afiliados nin delegados".
Desde UGT Galicia "non se deu ningunha explicación e agora atopámonos cun gran baleiro no sindicato, xa que ninguén che aclara as dúbidas, non soluciónanche os problemas e vemos como cada día imos perdendo máis delegados en empresas e que mesmo algúns non senten apoiados polo sindicato para poder #presentar ás eleccións en determinadas empresas", aseguraron os delegados.
Escribe o teu comentario